14 de mayo de 2017
14.05.2017
El acceso de los maltratadores a sus hijos · Opinión

Onde máis doe!

14.05.2017 | 02:17
Onde máis doe!

El último crimen machista se saldó el lunes con el asesinato de un niño de 11 años en Oza-Cesuras (A Coruña) a manos, presuntamente, de su padre, que había tenido una orden de alejamiento de la madre y había sido condenado por coacciones a esta. El suceso ha reabierto el debate sobre si deben restringirse el acceso de los maltratadores a sus hijos, pues el asesinato se produjo precisamente durante una visita pautada. Sobre esto opinan Rosa Fontaíña Pazos, de la Red vecinal contra los malos tratos de Vigo, y la abogada Mercedes Carreira Varela, socia del gabinete jurídico-matrimonial Carreira y Olcina.

Ata cando a sociedade vai xogar este dobre xogo en materia de violencia de xénero?

Lamentamos profundamente o asasinato das mulleres e os fillos e fillas a mans do compañeiro, pero estigmatizamos á muller viva que denuncia a violencia. Sempre hai alguén que pensa "algo faría". O que normalmente a muller vítima de violencia fai é soportar mil vexacións físicas e psíquicas, que ás veces rematan en morte.

En xeral, unha muller vítima de violencia séntese incapaz de dar o paso. O primeiro que se destrúe é a súa autoestima. O medo e o afán de protección dos fillos son razóns equivocadas para que se manteña a convivencia a pesar da violencia. As criaturas sofren, porque esa violencia impregna o ambiente no que viven e non teñen capacidade para tomar decisións.

Téndese a pensar que unha muller maltratada denuncia ao home porque quere vingarse del, pero quedariamos sorprendidos ao comprobar que a maioría das veces son os propios fillos e fillas os que incitan ou esixen á nai que dea ese paso. Outras veces son as amizades ou os familiares os que lle rogan que se divorcie, que se non o fan por elas, que o fagan para evitar sufrimentos aos nenos. Algunhas mulleres non denuncian porque, segundo repiten unha e outra vez, a parella, aínda que a maltrata a ela, "é bo pai". Iso nunca é certo, os fillos e fillas a partir dunha idade ven, escoitan e sofren a violencia no fogar.

Cando a muller ten fillos o inferno non acaba coa separación, divorcio, ou coa orde de protección en caso de denuncia, continúa o vínculo co maltratador a través dos menores.

A frase, por desgraza tan lida ultimamente, "prepárate, que xa che darei onde máis che doa", é máis habitual do que nos parece. As denuncias presentadas polas mulleres por ameazas son sistematicamente arquivadas por falta de proba.

É imposible conxurar a maldade humana, pero sería desexable que os xulgados dispuxesen de moitos máis medios; que os fillos que presencian episodios de violencia de xénero no seu fogar fosen considerados tamén vítimas de violencia. Deste xeito, serían amparados polas ordes de protección da nai. Unha vez rematadas as ordes deberían vixiarse as visitas de pais a fillos a través de Puntos de Encontro ou con exames do maltratador polo equipo Psico-Social. Isto parecería lóxico, pero esa non é a nosa realidade. A non ser que se trate de agresión sobre os fillos, a orde de protección da nai non os ampara porque a consideración de vítimas refírese ás agresións directas, non ás que percibe no ambiente familiar. Se a orde non afecta aos fillos na seguinte fin de semana xa van de visita co pai.

Os Puntos de Encontro, nos que os pais e nais con dificultade de entendemento, entregan e recollen os nenos, son un insulto á intelixencia. Sen deixar de ser interesantes na medida en que se evitan conflitos e permiten observar o comportamento dos proxenitores cos fillos e fillas, non pode ser que para unha poboación de cincocentas mil persoas no sur de Pontevedra, exista un único Punto de Encontro completamente saturado, ao que deben acudir os pais e fillos de Vigo e tódolos concellos da súa área. O outro punto de encontro atópase en Pontevedra e, aínda que atende a menos poboación, é igual de reprobable. Os pais, nais e nenos dos concellos de Lalín e Agolada, a 90 quilómetros de Pontevedra, teñen que facer ese percorrido en ámbolos dous sentidos en venres e domingo. Os Puntos de Encontro son un bo medio de controlar as visitas, pero debería haber máis e estar máis próximos á poboación.

Con respecto aos Equipos Psico-Sociais adscritos ao xulgado, que informan sobre custodia e visitas, existen dous para toda a provincia de Pontevedra, un en Vigo e outro en Pontevedra, o de Vigo, o que máis coñezo, ten un retraso de máis dun ano, a pesar de que habitualmente as valoracións son moi superficiais e fánse despois dunha única entrevista con cada membro da familia.

Para traballar polo erradicación da violencia de xénero é preciso dispor de máis medios. Pero é fundamental deixar de culpar ás vítimas de ser as causantes da violencia.

Homes e mulleres que xustificades a violencia, alegando que moitas tamén maltratan, pensade que as asasinadas son as mulleres, os seus nenos e as súas nenas.

Ten razón ese monstro cando pensa que a dor máis grande que se lle pode provocar a unha muller é o asasinato do seu fillo a mans do seu propio pai. Non só lle doe á nai, é unha dor colectiva que sociedade non pode seguir soportando.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine