09 de mayo de 2017
09.05.2017
obituario

Discreto e entregado

09.05.2017 | 02:52
Discreto e entregado

Querido Andrés Granja, Carrasqués, fúcheste sen ruído, como se vai a xente sabia. Atrás deixas unha pegada que, cas túas virtudes e defectos, os lalinenses che debemos agradecer. Véñenseme aos miolos milleiros de anécdotas que vivín contigo, algunhas delas ben graciosas, pero que non é do caso contar agora. O que si é recurrente, nos meus pensamentos destes días, é o sentimento importante de gratitude que teño cara a túa persoa.

Cando cheguei á alcadía, sendo un rapaz novo de aldea, non coñecía moitas cousas do Lalín urbano, porque a miña xuventude paseina no seminario de Lugo. Entre Tuno Valdés e ti fostes quen de desasnarme en asuntos relacionados co casco urbano que eu descoñecía por completo. Un coñecemento da vila que, a parte de servirme para a miña vida política, valeume para saber a fondo como funcionaba o noso pobo.

O agradecemento, aparte do meu no eido persoal, debemos facercho tamén os lalinenses polo teu empeño en conseguir cousas para este pobo. Aí queda a túa loita por conseguir a Residencia da Nosa Señora das Dores no centro do pobo, cunha ubicación privilexiada que se conseguiu grazas a intermediacións como a túa, que permiteu que moitos dos seus usuarios poidan estar perfectamente atendidos e ao tempo manterse integrados no pobo que os veu nacer. Quero lembrar tamén que todos aqueles que se achegaban a ti -xa foran do rural, do urbano ou estiveran na emigración- sempre obtiñan un bo consello que lles dabas ca mellor das intencións.

Lalín quedou orfo o domingo dunha desas persoas sen as que sería difícil entender a nosa historia máis recente: polo que aportaches á comunidade, polo traballo discreto que realizabas polo ben de todos e pola serenidade e cordialidade coa que afrontabas proxectos tan importantes como o citado da Residencia. Amigo Andrés, estou seguro que ca túa marcha non quedará no esquecemento o legado que nos deixas aos lalinenses e polo que mereces que che mostremos a nosa gratitude.

*Senador e voceiro do PP de Lalín

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CEFERINO DE BLAS*

Hay tiempo para rectificar un mal comienzo

(El pergamino Vindel debe exponerse en el lugar idóneo: el Marco)

 
 

El curso de agua de Menduíña no baja todo lo limpio que debería

Nos cuentan que las quejas ante la Policía Local por malos olores en...

 
 

JORGE DEZCALLAR*

Negar la evidencia

Las conclusiones del informe sobre el clima que el Congreso norteamericano encarga cada cuatro...

 
 

JOSE MARÍA DE LOMA

Los paraguas

He visto gente con paraguas. Quiero decir que he visto gente con paraguas estos días. Gente con...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Unión fiscal

Llevan tiempo diciendo los políticos del sur de Europa que se necesita una unión fiscal para...

 
 

PEDRO G. CUARTANGO

Reivindicación de la lectura

El prestigioso periodista Pedro G. Cuartango, exdirector del diario...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine