Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Multas selectivas?

Despois de analizar a contestación a través da prensa dos responsables municipais así como os debates xurdidos ó redor do tema nas redes sociais quero aclarar varias cuestións. En primeiro lugar, estou moi sorprendido pola ampla repercusión do meu artigo de denuncia e, sobre todo, sorpréndeme que haxa xente que por motivos políticos intente buscar excusas e poñer en dúbida os feitos. Os feitos son absolutamente reais e demostrables. Nin o señor alcalde, nin a policía se atreven a negar que estou describindo feitos consumados. Isto é incuestionable. Permitiuse o estacionamento aos familiares directos como sempre. Tivemos autorización expresa de palabra dos responsables e incluso a funeraria e o policía nos animaron a estacionar alí porque é o habitual. Ninguén se atreveu a contradicir isto. Entonces, se temos o permiso e resulta que é o habitual, por que se nos multa?

Agora resulta que foi decisión exclusivamente do axente de policía. Aceptamos pulpo como animal de compañía. Entón estase recoñecendo que a policía multa de forma selectiva segundo o seu criterio subxetivo? Se empregou o criterio de familiaridade, entón por que multa a un fillo e a unha neta do finado? Como distinguiu ese axente de quen eran os coches e o parentesco? Conocíanos? Se supoñemos que si, entón sabería do parentesco, polo tanto, multou sabendo a quen multaba e que estaba multando a familiares directos do finado. E, se supoñemos que non nos coñecía, entón estariamos falando dunhas explicacións falsas por parte do Concello, xa que é imposible empregar o criterio do parentesco para multar a uns si e a outros non sen conocernos.

En calquera caso, o alcalde sabe e así o recoñeceu, que se permite estacionar nesa zona nos enterros. Tamén sabe ben que somos familiares directísimos. Ademais, agora que o fixen público, xa non pode escudarse dicindo que non sabía nada ou que nunca falamos con el, nin lle pedimos reunirnos para explicarlle todo isto. As palabras lévaas o vento e este é un exemplo claro. O que lle pasou á miña familia podíalle pasar a calquera. Sentimos rabia e impotencia ante esta inxustiza pero non imos calar. Non imos permitir que ninguén se ría de nós por decisións arbitrarias segundo criterios incompresibles. Por que a nosa familia foi multada e outras non? Temos menos dereitos que outros? Pídolle ó señor alcalde que nos pida desculpas publicamente e que recoñeza que houbo un malentendido ou un erro, pero non imos ser os seus chivos expiatorios. Dóeme que os políticos só se acorden da xente nas eleccións. Estou seguro de que antes das eleccións non se atrevía a dicir tan alegremente que non sabe quen somos.

En todo caso, para evitar que se repita esta situación creo que se debería regular moito mellor o estacionamento na praza da igrexa por motivos xustificados (enterros). Debe darse seguridade xurídica para garantir que as palabras non as leva o vento. O que non pode ser é que primeiro che digan que se pode estacionar, logo que multen aos familiares directos e, por último, que se rían de ti á cara e publicamente dicindo que só se multou ós non familiares. Señor alcalde, regularice o uso da praza da igrexa e deixe de buscar quen poña a cara por vostede. Para min xa perdeu toda a credibilidade, pero fágame caso se non quere seguir perdendo fieles.

Compartir el artículo

stats