Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Grazas, Nilo

Souben de ti (aínda sendo d'Agolada non todos nos coñecemos) por verbas do teu avó, con quen presumo de certa amizade e moito respeto, que sempre fala marabillas de ti, como non podía ser menos. Despois acabámonos coñecendo cando asumiches a dirección da Banda de Música de Agolada. Canda ti chegou á directiva dese colectivo un grupo de xente nova que entendía a música e Agolada dun xeito novo.

Agolada dende abaixo, entre tod@s... e Agolada no mundo. Fostes capaces de darlle un pulo á banda, fundamentalmente coa túa dirección artística. Pero non só á banda. Tamén e sobre todo á música que se fai en Agolada e dende Agolada. Boas músicas e bos músicos hai aquí. Música de aquí e música para aquí. Tamén música de fora para aquí... E, sobre todo, música de aquí para fóra.

Fixestes da música de Agolada, da cultura músical, un linguaxe universal... e aí están non só as actuacións e éxitos da Banda de Música de Agolada, senón tamén os campamentos musicais do verán, con músicos de renome pero tamén con aprendices que algún día serán músicos de renome. Tamén rapazas e rapaces de Agolada. Tamén os concertos e as actuacións de persoas e grupos que viñeron deleitarnos e falar musicalmente. Puxestes, con suficiente acerto, a Agolada no mapa musical.

O voso traballo, que ti capitaneaches, fai que a cultura de base non sexa en vano, e que dende unha localidade pequena como é Agolada, con só ter gañas de facer cousas, estas poden facerse. Botastes abaixo o meigallo de que aquí todo está morto e non hai nada que facer. O imposible fíxose posíble. Fixeches escola. Agardemos que perdure.

Hoxe non podo estar na túa cea-homenaxe (problemas de conciliación paterna impídenmo). Pero de corazón si estou...e todo o pobo de Agolada está tamén.

Grazas por facernos sentir orgullosos do noso pobo de Agolada.

*Exconcelleiro e veciño de Agolada

Compartir el artículo

stats