Que vai ser dela?

Veciños, que vai ser dela?

Que vai ser dela?

Chamade a Seso Portela.

Naceu polo Sanmartiño

Aló no mesmo Montiño.

En Quintáns botaba un grolo,

Indo pra de don Jacobo,

E o virar pola revolta

Atopouna baixo a costa.

Naqueles anos saudosos

Augas saían dos toxos

Entanto foise apagando

Ata morrer sen máis pranto,

Agora que teño tempo

Buscarei o nacemento

Noite e día cavilaba

No xeito de rematala,

Con Xulio Méndez contaba

Xosé Ramón axudaba,

E cunhas pedras sen rastro

Fermoso quedou seu castro

Sinal da nosa irmadade

Feita solidariedade,

Exemplo da nosa terra

Esta Fonte da Casela,

Xa podemos beber dela

Grazas a Seso Portela

*A Seso Portela, en nome dos veciños de Meiro e das súas xentes pola recuperación da Fonte da Casela