Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Concepción Pérez, unha muller de hoxe en tempos pasados

Como todos os anos chega o 8 de marzo e celebramos o Día Internacional da Muller con diferentes actos, aínda que o resto dos 364 días non nos podemos olvidar de todas esas reinvindicacións.

Dentro do meu pequeno Concello, Portas, quen iba a decirnos que unha muller iba a facer historia. Temos a honra e o orgullo de que unha gran muller collera as rendas municipais nun mundo de homes e nunha realidade totalmente distinta á nosa anos 20-30, no que os dereitos da muller non estaban aínda moi presentes.

Dona Concepción Pérez Iglesias, muller que rixe durante cinco anos as rendas dun pobo, convértiríase na primeira Alcadesa de Portas e a primeira Alcadesa de Galicia. Nace en Santiago de Compostela en 1881 rodeada de cinco irmás chega a obter o título de mestra. Un primeiro cambio crucial foi o seu traslado da vida urbana á vida rural debido ó seu destino profesional ó fronte da escola de nenas. Dona Concepción adáptase a este xiro da súa vida, moi querida entre as súas alumnas e entre os seus veciños. A tarefa profesional superada e chegaría o momento familiar casándose e tendo un fillo que seguiría os seus pasos profesionais.

O 9 de Xaneiro de 1925 celébrase unha Xunta extraordinaria dase lectura á acta da sesión anterior e nómbranse concelleiros e entre eles está Dona Concepción. Nesta Xunta o Alcalde D. Cesáreo Belsol renuncia polo que se procede a elexir un Alcalde, seis votos a favor e un en branco proclaman a Dona Concepción Alcadesa.

A lexislatura da alcadesa abrangue entre 1925 e 1930, e as mulleres terían dereito ó voto en 1931, dato moi significativo para ver a importancia deste feito histórico no que a muller non tiña nin este dereito e Dona Concha apoiada por homes e rodeada de homes chega a este cargo.

Foi o mandato da Alcadesa un mandato tranquilo e pacífico, cunha ideoloxía política clara e fime, traballar polo e para o pobo. Os temas que tiña que abordar eran os primordiais daquela época como facer camiños para comunicar as aldeas.

Na actualidade as mulleres de hoxe temos un camiño máis fácil do que tiveron as nosas avoas ou as nosas nais, un camiño xa feito pero non rematado, sempre mirando hacia adiante sempre avanzando como Dona Concepción unha muller de hoxe en tempos pasados.

* Concelleira en Portas e deputada.

Compartir el artículo

stats