Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna Libre

Os Alegres de Dorrón

Este domingo parei cun amigo de Marín a tomar algo en Noalla. Coa bebida, xa sabedes, unha tapiña, uns callos ben ricos. Mentras falábamos na terraza chegaron os membros dunha comparsa "Os de Noalla". Tocaron e cantaron as cancións do seu cancioneiro carnavaleiro. Eu escoitaba, e mentres disfrutaba da actuación sentado na barra, ía lendo as letras con calma. Atopei as típicas estrofas que che fan gracia, e debuxanche un soriso na cara, xa que parodian moitas veces a realidade do concello ou do país. Iso é o bonito do carnaval, rirse ata dun mesmo se fai falla, pero con gracia e salero, críticas con picaresca carnavaleira. A veces como se seo decir, é mellor rir que chorar.

A razón porque conto isto é porque me trouxo a mente imaxes de hai uns 20 anos, os 90. Mimadriña!, como pasa o tempo. Naquela época fun compoñente dunha comparsa na que tamen ía meu pai así como moitos veciños/as de Dorrón. Seguro moitos sabedes de quen falo: "Os Alegres de Dorrón". Creo que foi a primeira comparsa auténtica de Sanxenxo e a partir de ahí voltou a despertar a tradición, creándose comparsas en varios sitios do concello. Non sei as que quedan agora, pero algunha queda, e a tradición sigue, e non debemos deixala morrer.

Mentras escoitaba, na miña mente revivía os momentos que pasei cos Alegres de Dorrón tocando polas rúas de varios concellos. Recordo participar no concurso de murgas de Pontevedra onde quedaramos segundos por detrás duns que cantaban estilo rancheras. Os Alegres de Dorrón gañarían o primeiro premio en dito concurso en 1999, dous anos máis tarde. A verdade, durante os anos que existiu (1992-2006) esta comparsa gañaron uns cantos premios e moi variados. Nos primeiros anos o grupo contaba con homes e mulleres de tódalas idades, xente moza, nenos e nenas, chegando a ser 64 compoñentes. Logo, co paso dos anos, a xente foi facendo as súas vidas, facéndose vella, casándose, marchando do pobo por traballo,.... Nos últimos anos o grupo formabano 20 ou 30, o cal tampouco estaba mal, pero a cousa decaiu ata que desapareceu fai pouco máis dunha década.

Xa o propio nome do grupo o decía todo "Os alegres...". As voces xunto cos acordeóns, guitarras, gaita, laude, percusión variada,... nos fixeron pasar moitos bos momentos. Uns tempos que un recorda con agarimo e añoranza. Son deses recordos bos da vida que quedan e deixan pouso. Sexa o que sexa cando veñen os carnavais sempre me acordo dese ano. Desde que colgaron as capas ata o día de hoxe non houbo outra comparsa en Dorrón. Algún día ha de voltar seguro, esperemos que así sexa.

A seguir disfrutando dos desfiles, comparsas, e a pasalo ben no que queda do carnaval. Remato cun cachiño da primeira canción coa que comezaron a ensaiar Os alegres de Dorrón ala polo 1992, a que para moitos é algo así coma o himno de Dorrón:

"Cuando navego en mi barca

por esta ría de paz

veo a Dorrón en lo alto

pueblo más lindo no hay.

Cuando contemplo su valle

se me llena el corazón

de una ternura muy grande

hay que bonito es Dorrón.

........"

*Concelleiro de Sanxenxo

Compartir el artículo

stats