18 de febrero de 2017
18.02.2017
tRIBUNA LIBRE

Sobre Mouriscade

18.02.2017 | 02:34

En relación á proposta efectuada en días pasados á Deputación de Pontevedra sobre o programa de mellora xenética na finca de Mouriscade, a Xunta Directiva de Africor Pontevedra quere, en primeiro lugar, amosar o seu agradecemento á Deputación Provincial de Pontevedra pola boa acollida desta iniciativa que nos consta que se está xa a estudar. Así mesmo, queremos destacar o bo trato e cordialidade dispensado pola deputada delegada de Mouriscade, Eva Villaverde, no citado encontro do pasado día 6 de febreiro. Desde esta entidade reiteramos o noso agradecemento ao organismo provincial así coma a nosa total dispoñibilidade para continuar traballando conxuntamente sempre co apoio e mellora do sector gandeiro como máximo obxectivo. En canto ás críticas ao funcionamento da finca recollidas en días pasados nos medios de comunicación, esta Xunta Directiva desmárcase por completo das acusacións verquidas por uns supostos gandeiros sen acreditar. É máis, para acabar con posibles suspicacias a proposta de Africor Pontevedra que se presentou á Deputación inclue a dotación dun portal web para facilitar a compra on-line de material xenético e ofertar aos gandeiros e gandeiras toda a información sobre o material dispoñible, axilizando ademais o traballo.

Por último, dende Xunta Directiva de Africor Pontevedra, entidade que representa a 500 gandeiros e gandeiras da provincia que suman 36.000 cabezas de gando, queremos destacar o traballo, profesionalidade e bo facer de todo o personal da finca de Mouriscade, un centro que hoxe é un referente en moitos aspectos e que dispón, entre outros, de animais dun altísimo valor xenético.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

CARLOS SUÁREZ-MIRA*

Desmintiendo a Faetón

Acercándonos a la mitología griega, quedamos persuadidos de que por aquellos...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Amplio margen de un artículo

El juego de la ambigüedad parece llegado a su fin. A las diez de...

 
 

JOSÉ MARÍA NOGUEROL

Arde Galicia

Hoy quería contar otra historia sobre mis compañeros maristas, sobre nuestro...

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Influyentes

Los entretenimientos de las ediciones digitales de los periódicos y las personas que más han...

 
 

X.L. MÉNDEZ FERRÍN

Omnium Cultural

Para pasarnos desapercibidos, un día rexistramos como "Asociación...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Ayudad a Cataluña

"Ayudad a Cataluña", clama un vídeo propagandístico difundido...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine