Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pe do farelo

Mundo tolo, tolo, tolo

Recordan a película de humor do ano 1963 do século pasado,do director americano Estanley Kramer; El Mundo esta loco, loco, loco? Varios automobilistas conducen os seus coches polo sur de California, de súpeto un coche ao tomar unha curva cae polo barranco. A xente para na beirarúa da estrada e corren na súa axuda inutilmente, pero antes de morrer o accidentado confésalles que ten agochado trescentos mil dólares.

A partir deste momento para conseguir este botin, se inicia unha autentica tolemia, chea de tropelias, enganos, mentiras, falsidades, nun xogo de despropósitos e falla de humanidade máis próximo ao sen sentido e egoísmo que vemos a diario actualmente na nosa sociedade occidental, culta e civilizada que nada, na que vale fundamentalmente o "todo pola pasta".

Dende hai uns días temos como presidente do talvez país máis poderoso do planeta, a un persoeiro saído da nada e formado a base de dólares capaces de comprar vontades, fidelidades e opinións públicas nun exercicio terrorífico do poder de manipulación que hoxe en día estamos a ver nos telediarios das nosas caixas tontas, manifestación daquela realidade do mago da manipulación que foi durante a ignonimia do nazismo, o Goebbels, que nos deixou perlas como ;Unha mentira mil veces repetida acaba por se converter nunha media verdade.Vemos e xa somos insensibles ata o punto de non ser quen de facer ou sentir absolutamente nada, como o único valor en alza e real que cotiza é o de poderoso cabaleiro, os famosos poderes fácticos; Igrexa, exercito e cartos, que se dicía moven o mundo xa é historia e agora tan so nos movemos a impulsos e seguindo a senda, coma dos elefantes antes de morrer, do cheiro dos cartos doados, e canto mais axiña se poidan acadar e con menos esforzo mellor, e deste xeito todo se supedita o seu ditado, política, leis, solidariedade e comportamentos sociais,todo está cuantificado, monetarizado e valorado en función da cuantía a cobrar ou pagar.

O poder financeiro e tal que se compran e venden medios de comunicación, capaces de formar opinións segundo os intereses do que paga, se compran e venden políticos e tendencias políticas, se compran e venden mentiras interesadas ata se converter en utopías e soños adornados cun laciño rosa e envoltos en papel de celofán, como ideoloxías, e sentimentos patrióticos, tan violentamente que da medo.

Medo, si, moito medo á sociedade do futuro, que xa temos diante dos nosos narices, e que ninguén quere ver, porque nos alporiza e tamén rompe os nosos esquemas adormecidos por tanta tolemia, do mellor non pensar.

Compartir el artículo

stats