Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

"O non vai máis"

Cando este pasado sábado merquei a prensa para empezar a mírala como sempre quedéi anonadado cun titular que viña na páxina once do Faro de Vigo que decía o seguinte: "O PP de Vilaboa pide a dimisión do alcalde ante a denuncia por previcacion administrativa interposta por un vecino".

Que falta de vergoña e de ética ten esta señora Beatriz Rosendo portavoz dun partido que está imputado por moitos casos máis graves dos que denuncia e a maioría dos seus dirixentes nacionais imputados en Galicia; son tantos que non chegaría a folla do Faro para nomealos. O que non logro a entender eu é a postura da señora Rosendo querendo emporcar a traxectoria dun alcalde como Jose Luis Poceiro que ata o de ágora na mais sé dedicou a traballar polo seu concello e os seus veciñ@s 24 horas do día. Como se pode ser tan ruin señora Rosendo? Na política non vale todo para pedir dimisión hai que ter a valentía e face lo con todo o mundo e non só co alcalde de Vilaboa. Eu desde logo señora Rosendo non escoitei a vostede que lle dixera a señor Rueda, o seu xefe político en Pontevedra, que tiña que decirlle ó señor Louzán que se fora para súa casa e non seguirá cobrando da Diputación provincial porque o seu compañeiro tamén esta imputado e non quero decir os innumerables casos porque despois da sentencia da Gürtel de onte xa quedan tod@s vostedes reflexados.

Eu desde logo non entendo a sua petición de dimisión só a entendería si só foxe para tapar unha cousa que os veciñ@s de Vilaboa ata o de ágora prefieren a él como alcalde e non a vostede.

Militante do PSdeG-PSOE en Cangas

Compartir el artículo

stats