Ó longo da historia fumos evolucionando, as diferentes culturas formaron cidades, houbo e seguimos a ter guerras, tiráronse muros nalgúns casos e levantáronse outros alá donde non os había, moitas veces sen sentido e onde non se necesitaban, unicamente por mero interes dalgúns poucos. Chegamos a convivir diferentes culturas e razas, seica nos civilizamos (isto podese poñer en duda moitas veces). Dende a chegada do lume e da roda, o noso planeta cambiou un chisco. O ser human conquistou o planeta, pero a conta de destruir o que atopaba o seu paso, incluido a él mesmo. Seremos algún día a causa da nosa propia extinción?

Nestes días sentimos a furia da natureza, moitos nas súas carnes, nas súas vivendas, en definitiva, nas súas vidas. Os destrozos causados polos temporales Kurt e Leiv non pasaron desapercibidos, nen sequera pola Torre de Hércules, testigo do pasar do tempo e guía para os mariñeiros, que quedou sen luz por un raio. Houbo barcos afundidos, xente rescatada, paseos que voaron polos aires como as plumas dun paxaro, árbores caidos, torres de alta tensión dobradas como se estivesen feitas de plastilina, danos en vivendas,... Perdas innumerables que para algúns será díficil recuperar.

Estamos no ano 2017 e aínda hai xente que non cree no cambio climático nin no quentamento global (entre eles o "Trumpalleiro" que hai na Casa Branca dos EEUU) que está avalado por datos científicos dende hai décadas. Os polos están a desaparecer, destruimos os bosques, as extincións de animais son masivas, en definitiva, a nosa pegada pode ser catastrófica se isto non cambia. Xa o dixo Thomas Hobbes "homo homini lupus" (O home é un lobo para o home).

Non cabe dúbida que a natureza é incríblemente fermosa pero tamen poderosa. Cando a forza da natureza se desata a través do vento, do mar,... a forza da súa furia fai quedar patente a nosa debilidade. Dámonos conta do pequenos que somos, simplemente uns máis sobre o planeta terra. Pouco podemos facer máis que esperar a que todo pase, e rezar para que os danos sean mínimos. Sorte que o pobo galego, terra chea de castros e fogar de Breogán, terra de meigas e peregrinaxe, terra mariñeira e de xente traballadora, terra emigrante e xente sinxela, cando sufre o fai con alegría.

*Concelleiro de Sanxenxo