Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna libre

O AVE xa non é cuestión de prazos

Non era doado aceptar que o ministro De la Serna estivera decindo a verdade cando aplazaba, unha vez máis, as previsións de chegada do AVE, e cando colocaba o proxecto da variante exterior na zona dos imposibles. Así que agromaron de novo as protestas, as reclamacións e as esixencias. E o ministro rectificou. Quedou claro que tiñamos razón, coma sempre. Lástima que con ela non se fagan kilómetros de vía nin avancen as obras.

Porque dende 2001 non deixamos de ter razón. Tiñámola cando José María Aznar prometeu que o AVE chegaría en 2010. Tamén cando José Luis R. Zapatero dixo que sería en 2012. E tampouco nos faltaba cando José Blanco asegurou que sería en 2015. Agora seguímola tendo mentras esperamos que sexa en 2018, como comprometeron Mariano Rajoy e Ana Pastor. O extrano é que os anos que levamos tendo razón coinciden cos que estamos esperando polo AVE. Algo non encaixa. Ter razón non nos ten servido de moito.

Se revisamos as hemerotecas, vemos que todos estos últimos anos estuveron repletos de grandes declaracións, importantes avances, compromisos definitivos, empeños personais, deseños vangardistas, propostas de consenso, obxectivos renovados, inversións esperanzadoras, promesas realistas.....que nos foron entreteñendo a espera. Literalmente. Ata tal punto que o proxecto acabouse convertendo no placebo do futuro da provincia. Todas as ventaxas chegarán cando chegue o AVE, acostumamos a decir. Non digo que non.

Pero cecais deberíamos probar outras alternativas. Xa vemos os resultados de reclamar que se cumplan os plazos. Teríamos que empezar a reclamar feitos; cambiar palabras por kilómetros; declaracións por avances; razóns por realidades. Menos razón e máis AVE.

¿E se o ministro De la Serna estivera decindo a verdade ó recoñecer que o AVE non chegará en decembro de 2018?. ¿Non ten datos técnicos o ministro?, ¿é un incompetente nesta materia e será trasladado en breve a Exteriores?, ¿enganáronno e aínda non cesou a ninguén?,¿é posible en asuntos de infraestructuras decir unha cousa e a contraria en 48 horas?. Se tan rápido se pode cambiar o imposible polo posible aínda é máis difícil de entender por qué levamos tantos anos de espera.

Por eso é mellor crer que ca nosa firme actitude obrigamos ó ministro a rectificar e lle enmendamos os plans. Porque, unha vez máis, temos a razón. Coma sempre. Como ven sendo dende que Fraga e Aznar puxeron a primeira través, hai máis de quince anos. Medo me da.

O problema é que movilizámonos por unha data tras outra, pero imolas aceptando. Pomos mais atención no tempo que no espacio, e revolvémonos antes polo calendario que polo territorio. Antepoñemos defender os prazos ó propio AVE, e mentras debatimos non reparamos en que os prazos volvense imposibles cas obras paradas. Eso sí, cando nos damos conta, rapidamente imos aceptando que os prazos hai que estiralos. Así unha e outra vez. O que queremos é seguir tendo razón. E polo visto, o ministro tardou 48 horas en sabelo. Xusto o que tardou en no la dar.

Tampouco deixa de resultar chamativo que o resto de Galicia non perciba a chegada do AVE como un problema colectivo. Que o proxecto do AVE non se acubille como un obxectivo de país. Que non se desencadene unha reacción social espontánea e masiva en demanda dun transporte ferroviario tan necesario, salvo para defender posicions localistas que non axudan no empeño común.

E unha consecuencia especialmente grave da actual situación é a irrelevancia e a práctica desaparición do debate dun asunto capital, por exemplo, para o Polígono de San Cibrao, e do que apenas se fala, como é reclamar que os investimentos que se están a facer para a renovación da plataforma ferroviaria teñan tamén en conta o transporte de mercadorías. Non parece ter importancia que no Polígono de San Cibrao, o máis extenso de Galicia, se concentre un elevado tráfico de mercadorías, e ahí precisamente nos estemos xogando unha oportunidade excepcional e irrenunciable na que pouco se repara. Como este asunto parece estar fora do debate, entendo que non haxa sensibilidade social ó respecto, pero gustaríame sentir maior implicación empresarial na súa defensa, porque outro futuro mellor non se albisca.

A maior parte dos estudos feitos en España revelan que o tráfico de mercadorías en altas prestacións xustifica na maioría dos casos a rendibilidade social dos investimentos millonarios en trazados ferroviarios, ata tal punto que ningunha das comunidades fronteirizas con Francia apostan en exclusividad por liñas para pasaxeiros. E no noso caso cobraría auténtico sentido ca conexión mixta Norte de Portugal e Vigo con Ourense cara a Europa, ou Ourense con Monforte, para mover mercadorías de alto valor engadido.

Os empresarios do Polígono tamén consideramos fundamental potenciar San Cibrao-Cidade do Transporte como sede central da estación de mercadorías, porque ten unha ubicación estratéxica dentro do novo mapa que debuxan as conexións ferroviarias do noroeste peninsular. Así temos que decilo e recordalo. Porque non se trata dun asunto menor nin secundario, porque é unha expectativa vital para o desenvolvemento económico de Ourense, e porque temos que sacalo da invisibilidade na que se atopa para quenes se poñen o frente para reclamar a chegada do AVE.

Hoxe estamos onde estamos. Considerémolo un bo punto de partida pra pedir que o proxecto se execute sen demora e sen descanso ata estar concluido. Porque, claramente, loitar por os prazos e por as melloras non nos ten servido de moito.

(*) Presidente da Asociación de Empresarios de San Cibrao das Viñas

Compartir el artículo

stats