10 de diciembre de 2016
10.12.2016
in memoriam

Valorando o noso

O rural dezán está de loito polo arrancamento de Sabino e a marcha de Juan José

10.12.2016 | 03:19

O agro dezán perdeu no último mes e medio dous silledenses que adicaron a súa vida a axudar a mellorar as condicións de vida dos nosos gandeiros.

Este mércores pola noite impactábanos a noticia do pasamento de Sabino... Foi e é moi difícil de asimilar para todos, e fago especial mención, polo que me tocou de cerca, aos compañeiros da Consellería de Medio Rural no Deza. A semana pasada estivemos con el tamén no tanatorio pola morte da súa nai, por iso tiñamos a esperanza de que a noticia fora un engano, pero non...

Para aqueles que non o saiban, Sabino era o enxeñeiro encargado das explotacións agrarias de Deza e Tabeirós-Montes. El era o que poñía cordura, entre outras cousas, nos traballos relacionados coas distintas axudas aos nosos gandeiros. El tiña o aprecio e o afecto de todos os compañeiros de traballo, e polo que eu sei, de todos os gandeiros que se relacionaban con el, porque Sabino, ademais de ser un dos mellores técnicos de Galicia, era moi boa persoa.

Arrincáronnolo de repente, non lle tocaba, era moi novo. Aínda non sabemos como vai ser o futuro sen el. Resentirémonos todos, todos os que o queriamos. A súa irmá María del Carmen indicábanos hoxe o orgullosa que estaba del e que aínda ía estalo moito máis despois das mostras de apoio recibidas. Non é para menos, seguro que toda a súa familia pensará así. E resentirémonos no Deza ao faltar unha persoa que tiraba polo rural, e que cada vez que tiña ocasión ¿para cando isto? ¿para cando aquilo? os compañeiros tamén no traballo, e os gandeiros nas súas explotacións.

Juan José, ilustre veterinario de Silleda, deixounos nos últimos días de outubro. Neste caso xa foi máis no seu tempo, pero non por iso deixa de entristecernos.

Juan José foi posiblemente o veterinario con máis inquietudes científicas que pasou polo Deza. Nas reunións que tiñamos el era o que máis se preocupaba polas cuestións técnicas, para afondar no coñecemento das patoloxías gandeiras para así buscar a mellor solución. Nos distintos congresos, alí estaba el coas súas preguntas, poñendo en apuros con certa frecuencia aos catedráticos máis consagrados.

D. Sabino Pérez Escafide e D. Juan José Muñoz Pérez son dous veciños silledenses que no Deza deberemos anotar nos anais da nosa historia, que fixeron moito ben, cada un no seu campo, e aos dous lles estamos/debemos estar moi agradecidos.

Alí onde esteades, gracias polo que fixestes, gracias por ser como fostes...

*Xefe provincial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

El fuego del astillero tradicional de Moaña se resiste a irse

Ya pasaron más de dos meses desde que alguien quemase...

 
 

Los 95 de Roberto Vidal

Ardo en deseos de verme a mediados de la próxima semana con Roberto Vidal y sus 95 tacos, con...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

Los ´errores´

Lo más probable, vista la costumbre de algunos políticos, es que el...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

Goethe y la ´turismofobia´

Cuando en el otoño de 1786, Johann W. Goethe, después de haber soportado un mal...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Barcelona entra en la ´nueva normalidad´

No es un atentado contra España o Cataluña, el terrorismo islámico...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine