Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

Intervención precaria nas Neveiras

Todas as explicacións que se levan dadas sobre as actuacións realizadas nas neveiras de Fixó son ben recibidas polos que defendemos a importancia destas construccións e iso, aínda que pareza que é un elemento de controversia, debe entenderse como un factor circunstancial que resalta o seu valor.

Estas neveiras, construídas no século XVII, levan aí cerca de 400 anos e teñen pasado por diferentes fases históricas, desde unha época de máximo apoxeo, cunha irradiación comercial de gran alcance, ata unha fase de decadencia e abandono tras os cambios climáticos habidos e as transformacións históricas e económicas dos dous últimos séculos.

O comercio das neveiras morreu ao compás de outras circunstancias e pese ao seu curto período de vida, moi cercano aos nosos tempos, non se dispon dun coñecemento suficiente das mesmas, porque hai moitos aspectos que non se coñecen pese a existencia de documentos de referencia. Non sabemos, por exemplo, se tiñan unha drenaxe pola base para evacuar a auga de desxeo que se orixinaba no verán e non sabemos se tiñan unha cubrición en cúpula ou falsa cúpula por encima do pozo de neve, aínda que as referencias históricas nos indiquen iso. Sabemos que os habitantes do contorno (Fixó, Masgalán e Pardellas) identifican as neveiras con "casarellos" e arredor das neveiras atópanse grandes cantidades de anacos de tellas procedentes dos derrumbes das cubricións. Tampouco sabemos se no fondo das neveiras había un lastrado de laxes ou se colocaban troncos de árbores ou palla como "cama" para o xeo, porque o mellor xeo destes pozos era o do fondo, debido a súa maior densidade (compactación).

Todos eses aspectos, que descoñecemos, deberían ser investigados por medio da intervención arqueolóxica realizada recentemente, pero o que apreciamos é que se se limitaron máis ben a superficialidades e a poñerlle unha "xaula-prisión" á neveira número 2, a que está no fondo da finca cercada. Non discutimos que sexa funcional e respetuosa coa construcción ou que serva para evitar que poidan caer dentro animais (cans de caza, xabaríns, lobos, teixugos, zorros, bestas, vacas, etc) e, ata incluso persoas, pero supuxo unha detracción moi elevada de recursos económicos que, posiblemente, fora mellor adicalos a unha "intervención arqueolóxica de investigación" (científica) destas neveiras.

Todo isto tamén llo podemos aplicar as dúas vivendas que houbo na parte alta da finca na que se atopa a parella de neveiras, porque na intervención tan só se dá conta dunha, que foi sometida a unha rara intervención de sondaxe, por chamalo dalgunha forma, mentres que a outra foi totalmente omitida.

Os responsables da escavación supoño que son conscientes de que aínda queda moito por investigar e, por non facelo, non se atreven a levar a cabo a reconstrucción dunha das neveiras, sen embargo non teñen reparos en xustificar a colocación dunha xaula de ferro/aceiro, a unha delas, como se fora a máscara dunha comedia griega de Aristófanes.

Compartir el artículo

stats