Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Demagoxia en Silleda

Señora concelleira de Turismo, empecemos a diferenciar cargos de persoas

Demagoxia: 1. Actuación dun político ou dirixente que trata de compracer ao pobo por calquera medio, co fin de obter o seu apoio. 2: Forma de gañar á xente en calquera campo con adulacións, falsas promesas ou manipulación dos seus sentimentos, etc.

Señora Concelleira de Turismo (non Ana Luisa González Costa), a ver se empezamos a saber distinguir entre un cargo e unha persoa. Despois de ler o significado de demagoxia, como expreso ao principio, non podo deixar de asombrarme.

Sra. Concelleira: cualifica vostede á miña muller de demagoga, á persoa que durante dezaseis anos colaborou desinteresadamente na construción das carrozas de Reis co ánimo de facer felices ás familias que viven en Silleda; que, sen ela, os primeiros vinte anos da Romaría do Rapaz -por certo os de maior éxito- non serían posibles. A pioneira dos bailes infantís de carnavais durante dez anos. A muller que traballou arreo durante anos na Asociación de Veciños Olaia para tratar de humanizar e mellorar a vila de Silleda (e senón pregúntenllo ó expresidente Luis González Abal). A muller que marchaba cun podo ao Castro de Toiriz durante catro anos nas vacacións -e tamén durante as fins de semana- co ánimo de limpar un lugar de Silleda emblemático desde o punto de vista cultural e turístico. A muller que axudaba polas noites durante cinco anos a preparar proxectos para a Semana do Humor, co fin de darnos a coñecer cara o exterior, era Lucía Ares Fondevila, desinteresadamente. E vostede, señora concelleira de Cultura, que acaba de chegar ao municipio socialmente, e xa cobra por iso, acusa á miña muller de actuar de mala fe e de ser demagoga... Espero que Silleda saiba valorar isto na súa xusta medida.

Sen máis, e con fe -non da mala-, desexo que o pobo de Silleda sexa mellor.

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats