Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tribuna Libre

¡Hala Cangas!

Eu como socio e amante do balonmán empezo a estar farto de escoitar ós de sempre, ou case sempre, criticando a situación do Frigoríficos do Morrazo de Balonmán. Quero lembrarlles ós "adestradores de rúa"-así lles chamo eu- a que ven criticar o mal comenzo do equipo nesta tempada, que o equipo que sae a pista este ano, un sábado sí e outro tamén, é practicamente novo e non temos que esquecer que este equipo, na tempada pasada dounos moitas alegrías. O equipo xa nos regalou o ano pasado un quinto posto e non podemos vivir de rendas eternamente, porque debemos saber qué somos e a dónde queremos chegar. Temos que ser un equipo humilde ea a afición unida ó seu equipo e xogar para asegurar a permanenza e logo o que veña. Temos que darlle tempo. Hai tempo de arranxar a situación. Deixemos de ser "adestradores" que para iso xa temos a Pillo. El ben saberá solventar a situación e tirar hacia adiante do equipo como xa fixo outras veces.

*Socio do Clube e antigo conserxe do pavillón

Compartir el artículo

stats