campo do fragoso

Balaídos é municipal

26.10.2016 | 04:55
Balaídos é municipal

Como adiantabamos hai un mes nestas páxinas xenerosas de Faro de Vigo, cando comentabamos os ruxerruxes relativos á venda do Celta a capital estranxeiro, a cerna desta deboura que tanto inqueda ao celtismo estaría na interpretación do convenio asinado hai sete anos entre o Real Club Celta de Vigo S.A.D. e o concello de Vigo (sendo alcalde Abel Caballero e concelleiro de deportes Santiago Domínguez), que regulaba até 2034 o uso polo club do estadio de Balaídos, do campo de Barreiro e do complexo de Madroa, todas as tres instalacións de propiedade municipal. Un convenio de colaboración, que na maior parte das cláusulas prorrogaba o asinado en 1992 entre as mesmas entidades, cando o club afrontou o difícil proceso da súa constitución como Sociedade Anónima Deportiva, mais que en 2009, durante a preparación do proceso concursal, garantía a supervivencia do club, xa que contemplaba a posibilidade de activar na súa contabilidade estas instalacións municipais como parte do seu patrimonio, o que lle permitiu pechar un dos seus acordos con Facenda.

Un convenio que establecía como responsabilidade do Celta o mantemento de todas as instalacións e o pagamento dos seus consumos de auga e electricidade, contemplando como contrapartidas que lle correspondería o aproveitamento publicitario e comercial de fachadas, locais e cantinas. Os asinantes, o alcalde Abel Caballero e o presidente Carlos Mouriño, ademais de acordar diversas medidas de apoio ao fútbol base vigués (algunhas incumpridas daquela maneira) asumiron unha cláusula de garantía pola cal o concello podería de forma motivada deixar sen efecto este convenio se o R.C.Celta de Vigo S.A.D. deixase de ser o equipo representativo da cidade de Vigo, por traslado a outro termo municipal, ou se producise unha modificación significativa do actual réxime de propiedade da S.A.D., que implique unha alteración substancial dos poderes de control da xestión do club, salvo que sexa autorizada pola administración municipal. En definitiva, grazas a esta salvagarda o concello de Vigo conserva na súa man unha opción de ouro que lle permitiría in extremis, en condicións tan extraordinarias como as previstas, recuperar o uso do estadio de Balaídos e do resto das instalacións municipais cedidas ao R.C. Celta S.A.D. sen contraprestación económica ningunha.

A polémica actual sobre Balaídos lembra a alarma vivida en 1941 por unha presunta venda do estadio que, como relata Fernando Gallego na súa "Historia del Celta. 90 años de pasión por Vigo" (Faro de Vigo, 2013), se produciría cinco anos despois, cando Balaídos pasou a ser propiedade municipal, tras unha complexa operación financeira deseñada polo alcalde Suárez-Llanos e avalada pola Caja de Ahorros. O campo de fútbol e os seus terreos circundantes, valorados en 865.000 pesetas (unha millonada!), propiedade até entón dunha sociedade privada, pasaron a ser municipais, grazas a unha achega anual do concello de 70.000 pesetas. Setenta anos despois, coincidindo co comezo da reforma completa do estadio e co anuncio do accionista maioritario do club de presentar unha oferta de compra a prezo de auténtica ganga e sen desembolso de cantidade ningunha, o alcalde Abel Caballero constituíuse en garante de que o novo Balaídos continúe sendo un espazo público de propiedade municipal, posición que sabemos unánime na corporación.

Xaora, o anuncio do degoiro de Carlos Mouriño de mercar Balaídos, a pesar de que ten escaso percorrido, abriu unha polémica sobre as posibilidades da súa privatización. Unha controversia que lle permite ao presidente recabar apoios dalgúns sectores celtistas cos que non contaba e afastar o foco sobre a venda da S.A.D., na que o concello de Vigo, grazas a súa opción de ouro, tamén terá algo que dicir sobre a continuidade do convenio. Un momento de confusión (interesada) onde para evitar mesturar allos con bugallos convén lembrar algunhas obviedades. O R.C.Celta de Vigo S.A.D. é unha empresa privada con ánimo de lucro, cuxa decisións corresponden só aos seus accionistas. O estadio de Balaídos, o campo de Barreiro e o complexo da Madroa son espazos publicos pertencentes ao patrimonio do concello de Vigo. O celtismo constitúe un sentimento de pertenza interxeracional compartido por milleiros de persoas, sexan ou non abonados do club, vivan no concello de Vigo ou en calquera outra parte do planeta. Como non está de máis reiterar que non hai razóns obxectivas nin de interese xeral ningunhas para que Balaídos deixe de ser un estadio municipal. No entanto, se o R.C.Celta de Vigo S.A.D. muda de propiedade, por que así o deciden os seus accionistas, parece lóxico que os compradores renegocien co concello (que defende os intereses da cidadanía viguesa) as condicións de uso do novo Balaídos.

stylename="070_TXT_inf_01">bretemas@gmail.com

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

J. ARNEIROS TORCELA *

Pequeña historia de los cine clubs en Ourense

El 28 de diciembre de 1928 se creó en España, en la...

 
 

JAVIER SÁNCHEZ DE DIOS

La evaluación

Una de las sorpresas que ha deparado este verano que parece no acabarse nunca -sus calores...

 
 

SANTIAGO LAGO PEÑAS*

Un debate desenfocado

Me temo que el debate sobre el turismo que se está desarrollando en España en las...

 
 

MATÍAS VALLÉS

Trump triunfaría en Corea del Norte

El conflicto de Corea del Norte demuestra que el planeta no puede...

 
 

JOSÉ MANUEL PONTE

El guion de los atentados

Es inevitable seguir hablando de los trágicos sucesos de Cataluña, de sus...

 
 

PEDRO DE SILVA

Abatidos

Abatir, en primera acepción (RAE) es derribar algo, echarlo por tierra. Solo en cuarta...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine