A Asociacion Rapa das Bestas,condena o brutal asasinato do garañon do Cádavo,coñecido como "O Zepelín",así como unha das égoas da sua cabana,na localidade de Cimadevila(Campo Lameiro). Os repugnantes feitos foron denunciados ante o Seprona e comezaron xa as investigacións para dar co culpable.

As égoas descoñezen as propiedades privadas, os lindes, e entran en veigas agrícolas (sen pechar) buscando comida,tras un verán seco e cheo de incendios que arrasan o seus pastos.

A asociación da Rapa ao longo do ano acude a retiralas destas zonas agrícolas e transládaas a Sabucedo para darlle unha nova área de pasto lonxe dos conflictos, mais esta vez non tiveron esa oportunidade. Algún desalmado decidiu acoitelar o garañón, arrastralo cun tractor e tiralo ao río. Maldita fortuna e pobre riqueza, pois non hai cultivos importantes que protexer a vida ou morte.

Por desgracia non son feitos illados, as manadas do Santo que pastorean perto de Campo Lameiro levan dende 2008 sofrendo o acoso de xente sen escrúpulos que non dubida en acurralos nun camiño para asasinalos a tiros, acoitelados, con lanzas.Así tratan aos nosos amados animais.Máis de 30 cabalos salvaxes foron eliminados entre Cuntis e Campolameiro dende 2008.

As "bestas" do monte teñen un valor ecolóxico importantísimo,consumen o combustible que provoca os incendios, alimentan as manadas de lobos, crean pasos entre a maleza e enriquezen a biodiversidade dos montes galegos.

Cando un cabalo noso morre asasinado, a xenreira e a indignación nos abafa, dóenos a alma, aínda hoxe sentímola perda de todos e cada un deles en especial o mitico garañón "o Negro", agora sumamos o Zepelín á lista de asasinatos.

Rexeitemos enerxicamente este trato cruel, inxusto e humillante ou algun día non quedaran animais libres os que amar.

DEP

*Aloitador e integrante da Asociación Rapa das Bestas