tRIBUNA LIBRE

A biblioteca no seu día

21.10.2016 | 03:09
A biblioteca no seu día

Nós andabamos por libre, cóntanme unha lectora e un lector.Cada un polo seu reconco. Pensabamos que a lectura era cousa de soidades consentidas.Mesmo daquela pensabamos que así estabamos ben coas nosas lecturas. E non. Pois, sen saber unha do outro, entramos na biblioteca e atopamos moitas " elas" e moitos " eles"coma nós. Atopámonos.E agora desexamos fondamente sabernos "nós" consolidados ( que de verdade aínda falta, leva os seus momentos).E así foi como nos lanzamos,Botámonos polos tantos mundos. Os das e dos que nos metéramos na rolda aquela tan primorosa de lectoras e de lectores.Tamén o fixemos polos tantos mundos dos libros.E así se foi creando, vaise creando, un mundo xigante de mundos. Universo de nós. Todo o fixemos porque nos petou. Cos libros. Na biblioteca. Coas bibliotecarias. Para así instalarnos mellor fóra, nas rúas, nas casas e nos nosos propios lugares de nos atopar para vivirnos íntimamente tantas cousas. Tanta vida.

Notamos que as nosas experiencias collían máis de moito para encher as nosas vivencias de amantes e de amados. Por iso sempre volvemos ao facer ourado de ler e da lectura. Ao prateado inmedible dos libros. Na biblioteca. Nas Bibliotecas. Alí recordamos con gusto os tempos de ir por libre, que non eran feos, pero estes momentos de arestora, os de nós, na biblioteca sobre todo, vannos de moi ben. Tanto que nos colocan, que nos poñen , xusto e máis no que desexabamos.

A biblioteca deixou de ser ese lugar de baleiros feitos silencios a palabrapouca, a curtapalabra Volveuse unha festa popular interminable.Xa que logo culta. Menudo amor alí. Na casa de libros e de lecturas ( dunhas, que tamén hai outras que non se fan alí).Lavabos de certas soidades asumidas agora liberadas. Espazo no que avanzar e conquistar. Pintando e repintando. Sabendo que pintamos. Facendo e refacendo, Soñando e desexando. Que é dicir sentindo. Que é dicir comunicando. Que é dicir lendo. Con tentos e contentos. Con libros. A sinfonías acompasadas a momentos de corazóns latexantes que van medrando, medrando, a cada ilusión. A cada animación..Indo e vindo.Sen querer marchar de alí , da Biblioteca, así polas boas ( aínda que irse a outros sítios fai falla).

E saberás, dixéronme ela e el , que todo iso antedito éche moi guapo. Que merece a pena vivilo. Que non é obligatorio. Claro que non. Pero non se sabe o que se perde. Probade. E xa nos diredes. A nós pasounos esa marabilla. A nós pásanos.Na Biblioteca. Nas Bibliotecas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

PEDRO DE SILVA

El dolor no nos debe hacer ingenuos

Quien suponga que las respuestas y reacciones ante los criminales...

 
 

JOAQUÍN RÁBAGO

Barcelona, ciudad abierta

Todo lo que la capital catalana tiene y debe conservar

 
 

EDUARDO JORDÁ

Lo que haremos las buenas personas

Comportamientos previsibles que siguen a todo golpe del terrorismo

 
 

CAMILO JOSÉ CELA CONDE

Libros sobrevalorados

Un escritor joven, muy prolífico en las redes sociales, ha sacado la lista de diez obras...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine