tRIBUNA LIBRE

Circuitos culturais no rural

19.10.2016 | 03:04

Estimada Concelleira de Cultura, Señor Alcalde e demais corporación de goberno:

A raíz da nova da posta en marcha dos "Circuítos culturais" no rural para último trimestre do ano, publicada no día 15 de outubro de 2016 nos medios xornalísticos con sección local, a Directiva da Asociación Cultural, Deportiva, Musical e Xuvenil "La Unión" de Bermés amosa a súa concordancia co exposto na nova.

Posto que o Concello de Lalín é fundamentalmente rural, cremos necesarias este tipo de iniciativas que, tal e como recolleron os xornais, en verbas da Concelleira de Cultura, apoien e fagan chegar as actividades socioculturais ao rural, dinamizar as parroquias e divulgar iniciativas. Por isto mesmo, nos resultou sorprendente que o Concello de Lalín teña vontade de dinamizar as parroquias cando hai asociacións no rural, entre elas a nosa, que xa ven realizando unha labor de dinamización parroquial.

No caso concreto da Asociación C.D.M.X. "La Unión" de Bermés, dende o 2012 que foi creada, realizáronse diversas actividades que entendemos que se enmarcan perfectamente na "dinamización cultural". En concreto, téñense feito as seguintes actividades:

-Catro "Xornadas agrícolas e medioambientais" entre os meses de marzo e maio, sobre diversas temáticas realizadas cos coidados do agro e das hortas caseiras, por exemplo: poda de frutais ou combater pragas comúns das hortas de xeito natural.

-Dúas xornadas de "Outono Micolóxico", con recollida e degustación de setas e magosto popular, o último ano (2015) no que colaboraron as catro asociacións existentes na parroquia de Bermés.

-Dúas "Tardes de Pascua", que contaron coa actuación dos cómicos Cándido Pazó e Pedro Brandariz.

-Petanca e xogos populares nas festas patronais de agosto.

-Diversas subidas ao Monte do Carrio, unha delas para visitar os petroglifos coa guía do persoal da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, e outra colaborando con "Roteiros de Lalín".

-Homenaxe á banda de música "La Unión", celebrada o 17 de maio de 2014 e que ademais do acto propiamente dito, fíxose unha edición dun libriño recollendo a historia da banda e unha exposición de fotos e obxectos dos músicos da banda.

Alén diso, para este ano hai unha serie de actividades previstas como é o magosto, a participación no "Proxecto Ríos" ou o seguimento dos trámites realizados para catalogar a Igrexa parroquial como Ben de Interese Cultural.

Por tanto, resultounos un tanto despreciativo á nosa labor como asociación e ao noso afán por dinamizar a parroquia a posta en marcha destes "Circuítos Culturais", sen ter feito unha pesquisa da labor cultural que xa se está facendo nalgunhas parroquias. Tal e como nós o entendemos, a cultura non só provén dos espazos urbanos, senón que o rural ten iniciativas culturais de seu.

Concordamos en que a labor das administracións, e neste caso, a local, sexa a de apoiar iniciativas e por tódalas canles para achegar a cultura ás persoas. Sen embargo, e por desgraza, a Directiva desta Asociación non percibiu este apoio da administración local. O agardado por nós era que se producise unha xuntanza coas asociacións culturais por parte dos novos edís, mais esta xuntanza, dous anos despois, aínda non se ten producido. Sorpréndenos que se programen entón actividades "de arriba cara abaixo" sen contar co tecido asociativo, ou cando menos, con nós non.

Sen este diálogo necesario poden producirse situacións de solapamento de actividades ou actuacións paralelas. O ideal sería sumar forzar e non duplicar esforzos.

Por tanto, e dado que consideramos que o tempo de espera xa se esgotou, somos nós os que solicitamos unha xuntanza coa Concelleira de Cultura do Concello de Lalín para amosar a nosa colaboración nos "Circuítos Culturais" que se realicen na nosa parroquia así como presentar a memoria e plan de actividades do vindeiro ano.

Agradecemos aos medios de comunicación que nos ofreceran o soporte de comunicación para expresarnos, dado que foi tamén a través dos medios de comunicación que soubemos da posta en marcha destas actividades.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Suscriptor | Opinión

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Los disfraces del inspector Clouseau

Aunque lo parezca, está visto que Mariano Abalo, ese inefable...

 
 

ANXEL VENCE

Coche y cónyuge duran casi lo mismo

A los españoles les dura el coche una media de doce años y la esposa...

 
 

MERCEDES GALLEGO ESPERANZA *

La iconografía de la Inmaculada en la catedral de Ourense

El 8 de diciembre de 1854 el Papa Pío IX proclama el Dogma de la...

 
 

Unos callos constitucionales

Como somos constitucionales porque tenemos memoria de lo que España...

 
 

FRANCISCO GARCÍA PÉREZ

La muerte de la palabra

La palabra ha dejado de existir, tengo el disgusto de anunciarlo. Sigue habiendo palabras, ya...

 
 

MARTIÑO RIERA*

Educar no rima con maleducar

En la última década se han producido avances importantes en el mundo...

 
 
Enlaces recomendados: Premios Cine