Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Castro de Toiriz

Xa ves Xulio, liches o periódico esta mañá? Non tardaron moito, verdade? Só o estipulado. Sí, ese tempo que di que o fago porque quero, non porque mo piden ou esixen.

Xa ves Xulio, vésperas de eleccións, ou alguén que se foi da língua sobor dalgunha ameaza dunha manifestación (neste momento pouco interesante para os gobernos).Por que agora Xulio? Despois de todo un verán onde turistas, baseándose nas sinalizacións que temos polo pobo adiante, foron visitar o castro? Onde nenos quixeron ir xogar, ou namorados ir amarse (que bonito é esto último, verdade?).Por que Xulio, por que agora?

A miña opinión é esta Xulio: Eu creo que as cacicadas seguen a existir coma antes, só que agora son capaces de camuflarse ata o punto de que chegan a ocupar un espazo moito máis grande, moito máis hipócrita: Extrema dereita, dereita, centro dereita, centro, centro esquerda. Nestes tres últimos casos, igual a PSOE.

En fin Xulio, non voltarei a falar de política, non voltarei a falar de caciques disfrazados de boas persoas. Póñome a traballar na artesanía e na cultura (que son a miña profesión) para que os meus fillos poidan comer con dignidade.

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats