O pasado domingo recibín a centos de kilómetros do meu pobo a tráxica noticia do finamento de Benjamín Pena. Unha noticia que me entristeceu, e que me colleu por sorpresa como a moitos veciños e veciñas de Moaña. Benjamín era unha persoa moi querida polos postos que ocupaba, como Presidente da Comisión de Festas de Verducedo-Piñeiro, Asociación de furancheiros? Durante a miña etapa como director da Banda de Moaña, tocoume coñecer a súa faceta cultural.

Amante da nosa cultura, sempre tivo boas palabras cara nós e sempre intentaba levar á Banda ás festas dos Milagres. Fai uns poucos días reunímonos para tratar asuntos sobre as festas, e nunha conversa final recordo as túas palabras de ánimo cara mín. Moaña perde un bo home, xeneroso, traballador, e comprometido ca nosa cultura. Quero dar o meu pésame á familia, amigos e compañeiros de Benjamín. Remato con bágoas nos ollos dicíndoche un "ata logo amigo".

*Concelleiro de Cultura