Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Para Luís Rei

Caro Luís: Permíteme que escomenze polos escomenzos das nosas utopías que puideron chegar a non ser realizables para ambos os dous. Tempos de militancias comúns na Liga Comunista Revolucionaria, de manifestos no cine El Marino (no chine de Lores). De xuntanzas no bar Habanero, no andar darriba, en conversas para a formación, xa despois de despois, da célula local do Partido Socialista dos Traballadores. Eramos os que fumos. Pretendiamos mudar esta orde de cousas, porque sabiamos, e seguimos sabendo, que existe un mundo en cadanseu de nós. Seguimos militancias comúns, pero coas mesmas ideas e xeitos de realización, avantamos por curruchos distintos dentro dun mismo camiño.

Porque inda cremos. Porque Pío é crente: cre nas personas nas que cre. Seguimos sempre en contacto; ti na túa vida particular e eu na miña, pero en contacto. Pedísteme unha vez unha colaboura para facer un libro de poemas xunto con outros tolos perdedores. Chámase Poesía contra o Furacán. Porque ti cres nos perdedores. E eu sempre fun perdedor. Ou un ganador de batallas perdidas. Seguimos en contacto. Cando Muñiz me falou de publicar algo en TodogroveEdicións. E eu recompilei á presa uns escritos que nunca tería nin tiña pensado facelos públicos; unhas follas que formaban parte da vida de dúas personas, non privada pero sí persoal.

E ti presentaches coa sombra do teu nome. E sabe a Afrodita de Cantodorxo, a habitante de todos os lugares, a camiñante de todos os camiños, que sen pretender resolver a nostalxia como causante da dor, nin pretender renacer dunha nai vella, que sempre lle estarei agradecido, eu nunca me esquezo das persoas ás que quero; pero tamén porque ninguén está obrigado a ser feliz. Ti estivestes esa noite alí. E eu, que modestamente só fun o transcriptor literal deses feitos vividos por dúas persoas en primeira persoa, quedei pendente de por vida para pagar esa factura. A que quedo a deber ós que sempre, coma min mesmo, crestedes que sí é posible gañar batallas perdidas e imposibles. Porque aínda creo no martelo e no fouciño. Porque estou en débeda cos que sempre soubestedes agardar. Como di ese cantar que tanto me gosta: "Porque sé que de este golpe, ya no voy a levantarme; aunque yo quisiera, voy a morirme de amor!". Porque, como dicían Dolce y Gabanna "Pasaron los tiempos de las musas inalcanzables". Todo é posible, e ti demostrástelo. Víate todos os días no Habanero e falabamos e facíamos brincadeiras. E eu nunca puiden sospeitar que só che quedaba unha bala no revolver. Porque sempre serei perdedor.

E se gardei todo este tempo para dicircho, é porque como che dicía eu sempre, que eu só me fío da miña man dereita, e porque no meu enterro non quero ver a ninguén. Pero hei de ter que ver a tanta xente...!

Hai vida despois da vida. Parastes todos os penaltis, pero a vida meteuche o gol. Hai vida despois da vida... Gracias por crer nos perdedores!.

Compartir el artículo

stats