tRIBUNA LIBRE

Centro Cultural de Vilalonga

07.08.2016 | 03:33
Centro Cultural de Vilalonga

Respecto a situación real do edificio do Centro Cultural e Deportivo de Vilalonga, dende SAL queremos puntualizar certas cousas vertidas nos medios estes días e que lonxe de arreglar, mais ben descubren a cada quen según a cor política que defende.

Primeiro. Alá por mayo de 2015 o noso candidato -hoxe alcalde- firma un preacuerdo privado e a título personal cos donos, según alí manifestan,do local donde ten a sede o Centro Cultural e Deportivo Vilalonga. O mesmo tempo, un mes mais tarde e recién nombrado alcalde, o regalo que lle deixaa anterior corporación a Gonzalo Pita, o goberno municipal e o propio Centro Cultural e una Orde de deshaucio por débedas de alquiler dende xaneiro de 2.014. Unha débeda que se pagou sendo Gonzalo Pita alcalde por importe de 25.000 euros e negociando un acordo coas partes evitando tal desahucio. Quere decir que as supostas negociacións do PP de Sanxenxo -goberno no 2014 e ata xuño de 2015- conseguiron una orde xudicial de desahaucio inminente. Menos mal que estaban a negociar.

Segundo. Efectivamente Gonzalo Pita, en nomede SAL, comprometeuse a xestionar a compra do edificio, pero o que nadie dí e que nese compromiso tamén consta que tal compra se levaría a cabo si non existían causas legais que o impediran. Pois ben: resulta que parte do edificio xa non era dos que ali firmaban como propietarios senón dunha entidade bancaria polo que tal documento e nulo de pleno dereito por un incumplimento axeno o candidato de SAL . Así consta nunha adxudicación xudicial de data 6 de mayo de 2013. Por outra banda, a propiedade do resto do edificio, tiña débedas con Hacienda que persistían ata fai poucos meses, datos que tamén coñece o presidente do Centro Cultural.

Todo elo, sumado, da como imposible a compra por parte do Concello, e deso sabe o PP de Sanxenxo. O mismo PP que recoñece na moción que presenta o Pleno "a imposibilidade de que os titulares da propiedade poidan firmar o contrato co Concello" ou que non se puderon pagar os alquileres sendo eles goberno "pola imposibilidade de firmar un contrato por causas alleas ao Concello".

Quere o sr. Telmo Martin que Gonzalo Pita incurra en prevaricación firmando unha compra que o mismo PP recoñece como imposible? Ou quere o PP usar o método Cidade Deportiva donde sendo eles goberno pagaron 400.000 euros dos cidadáns por cerrar unha finca que non era do Concello senón taméndoutro banco?

Terceiro. Semanas antes do 30 de xuño pasado, Gonzalo Pita remite un burofax a quen dice ser titular do inmoble, comunicando que o edificio tamén xa e dun banco -dende antes de firmar o acordó de compra do 2015- e que o resto ten cargas con Hacienda, polo tanto débese manter o precio do aluguer en 1.500 euros/mes -así figura no acordó- e non 2.500 euros/mes como sería a partir do 1 de xullo pasado pero coa condición de ter os papeis en orden de todo o inmoble, que non e o caso. A propiedade contesta que non queren renovar o acordo.

Cuarto. Lonxe de olvidar o tema ou "deixarpasar" como fixo o PP co aluguer de 2014 e 2015, o actual alcalde xunto co resto do goberno plantexou unha solución provisional de acordo co FC Vilalonga, entidade tamén de fondas raíces naparroquia. Non suporía ningún gasto para o Centro Cultural.

Pero parece ser que o presidente da Cultural cerrou esa porta, e tamén a de retomar a estructura que deixou o gobernó do PP no Revelcomo "primeira pedra" dun edificio novo. Pedir é lexítimo pero o que non se pode e exixir decindo a toda proposta que non. Eso e mirar por enrriba a moitas asociacións do Concello que saben compartir e entenden que "reunir tódalas condicións" a veces, cando outros corren cos gastos, pasa de ser cultural e deportivo a ser de luxo. De tódolos xeitos como veciño e como alcalde non vai ser Gonzalo Pita quen deixe na estacada o Centro Cultural e Deportivo de Vilalonga varaxando actualmente alternativas para solucionar unha das moitas herencias da pésima xestion do PP.

*Presidente de SAL e concelleiro

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine