Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Unha amistade auténtica

Quérome sumar no meu propio nome, e tamén en representación da Casa do Patrón de Codeseda, á merecida homenaxe ó meu benquerido tocaio Manuel Blanco Carballude, á que, moi ó meu pesar, non poderei asistir persoalmente.

Recordo perfectamente cando nos coñecemos, fai alomenos 40 anos, por unha escasa oportunidade que a vida nos brinda de atoparnos con compañeiros de viaxe tan marabillosos coma ti. Decateime naquel intre de que estaba a tratar cunha pesoa extraordinaria: Unha rara avis dotada dunha inxente humildade, fiel reflexo da sabiduría popular galega, dunha gran serenidade, sinceridade e facilidade para abordar calquera asunto, por serio e áspero que fose, sempre co mellor sorriso, cunha verdadeira vocación de diálogo, negociación e mesmo colaboración con todos, sen matices nin localismos de ningunha índole, en definitiva un verdadeiro amigo en calquera circunstancia, digno do respecto e lealdade recíproca que nos profesamos ó longo de tantos anos, que mantemos a día de hoxe e sabemos continuará mentras dure o noso efímero paso por estas queridas Terras do Deza.

Ó longo dos moitos anos da túa vida pública, pódese constatar facilmente que estamos ante un veciño fiable, serio, conciliador e, ó mesmo tempo, afable, moi positivo e cercano no trato, a quen xamais lle escoitei unha descalificación ou un mal xesto cara os que teñen ideas diferentes, intentando buscar sempre chegar a acordos que proporcionen o ben común, sabendo antepoñer éste aos teus intereses personais. Qué exemplo para as xeracións que viñemos detrás, canto nos ensinaches e qué pouco aprendemos!

Tamén lembro todo o que me axudaches, tanto a nivel persoal, como á propia Casa do Patrón, xunto co noso común amigo Eliseo Carballal, da que sempre vos consideramos membros. Cántas veces recurrimos á vosa experiencia para constituir asociacións, organizar eventos, xuntas parroquiais, porque xa daquelas estabades moito por diante dos demais! É con xente así como se fai grande unha parroquia exemplar en tódolos ordes da vida, como resulta ser Cercio, coa que temos a forturna e a honra de continuar compartindo actividades socio/culturais.

Para rematar, meu querido amigo, quero facer pública a penúltima lección que me impartiches: Saber aplicar á vida cotiá, tódolos principios que empregabas nas lexendarias partidas de tute que xogamos en multitude de ocasións: Un absoluto respecto polo adversario, humildade cando ganas, aceptación da derrota cando che toca perder, e considerar unha retirada a tempo como unha victoria.

Digo ben: A penúltima, porque seguro que ainda nos darás unas cuantas máis.

*Presidente do Museo Etnográfico Casa do Patrón, de Codeseda, en Doade (Lalín)

Compartir el artículo

stats