obituario

Adeus, María José

16.07.2016 | 02:53

Adeus, María José, boa amiga, veciña e compañeira dos Xulgados de Lalín e actualmente de Silleda.

Desde o sindicato SPJ-USO en xeral, e no meu nome en particular, como veciño e amigo da familia tanto de sangue como política, e moi especialmente de María Xosé, lamento profundamente o inesperado falecemento desta gran persoa, á que tuven a sorte de coñecer e aprender e disfrutar dela.

Queremos enviar o noso máis querido pésame a amigos e compañeiros de María José (especialmente a Begoña e Julio), e á familia Castaño así como á familia de Catasós. Podedes estar moi orgullosos, moito.

Realmente non valoramos os momento da vida, non somos conscientes de cando será o noso final, pero desgraciadamente a morte forma parte da nosa vida e ó final só nos queda lembrar o que cada persoa deixa no noso interior. E María José deixa moito. Por iso, enviámosche a nosa gratitude e agarimo por permitirnos formar parte da túa vida. Ánimo familia e D.E.P. María José.

*Veciño de Lalín e representante do Sindicato Profesional de Justicia SPJ-USO

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine