Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

sECRETARIO aS.vECIÑOS tIRÁN

Sobre A Canexa

O Tribunal do Contencioso Administrativo de Pontevedra ditou o pasado 23 de xuño unha resolución sen posible recurso, pola que rexeita a solicitude da familia Castroviejo para deixar sen efecto, como medida cautelar, a decisión do goberno municipal de retirar os postes e mallazo colocados por esta no camiño da Canexa reducindo o seu paso a escasos 80 cms.

Atopámonos diante dunha valente resolución xudicial na que prevalece a autoridade municipal na defensa do público fronte a usurpación de parte do camiño veciñal por un particular, grazas a un atinado e ben argumentado procedemento desenvolvido polos servizos xurídicos do Concello de Moaña. Nosos parabéns.

Confiamos en que sega o acerto na xestión futura do asunto se a familia Castroviejo se empeña en manter a súa pretensión na vía xudicial ante tribunais superiores, cousa que a Asociación de Veciños lamentaría fondamente, xa que defendemos desde o primeiro momento o camiño da Canexa nas condicións por todos coñecidas e a vía do diálogo como método de solución dun problema que nunca tivo que se producir.

Temos que destacar e celebrar a eficacia da mobilización popular, especialmente dos veciños da zona que fixo mudar a posición inicial do Goberno municipal ao respecto, provocando a reafirmación da súa vontade política na defensa do colectivo veciñal fronte a intereses particulares. Parabéns.

Non podemos, tampouco, esquecer o labor desta Asociación, que tivo a oportunidade de forzar o procedemento de recuperación posesoria como canle axeitada para manter o uso público do camiño. Con data 11 de abril trasladouse a señora alcaldesa o acordo da Directiva no que se indicaba, entre outras cuestións, "?.Que, atopándonos, ante unha presunta ocupación de espazo público o Concello debe impedir, consonte o artigo 132 da CE e os artigos 68 e seguintes da LBRL, MEDIANTE A ACTUACIÓN DE INVESTIGACIÓN, DESLINDE E RECUPERACIÓN DE OFICIO?", solicitando a participación no expediente aos efectos de exercer a nosa responsabilidade na defensa dos bens públicos" ( que como di no seu punto 2.- Se no prazo de 30 días a entidade non acordara o exercicio das accións solicitadas, os veciños poderán exercitar dita acción no nome e interese da entidade local).

Efectivamente, con data 19 de abril, a alcaldesa asina resolución 296/16 polo que se abre o expediente de recuperación posesoria nº 01/16 para a reposición do camiño da Canexa nas condicións previas, ordenando a retirada dos postes e mallazo, cuestión sobre a que se produce esta primeira resolución que hoxe valoramos moi positivamente.

A Asociación de Veciños de Tirán manterá esta actitude belixerante como parte personada no proceso, caso de que este continúe no tribunais, xa que como indica a maxistrada:... esta sentenza dítase sen prexuízo do que poida resolverse no procedemento principal e sen prexulgar o fondo do asunto ?"isto quer dicir que queda pendente de resolución xudicial a definición do ancho do camiño.Todos os cidadáns desexamos que se resolva respectando o seu ancho natural, polo que a Asocisación de Veciños vai seguir puntualmente cada paso do expediente.

Compartir el artículo

stats