Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

A auga no centro do debate

A restitución dos servizos públicos á poboación representa a diferenza entre gobernar para satisfacer intereses xerais, ou favorecer intereses económicos privados, o que se podería definir coma "socializar os custes e privatizar os beneficios". Hoxe en día, e lonxe do debate de esquerdas e dereitas, cada vez son máis os Concellos que intentan recuperar as privatizacións exercidas de xeito masivo en anteriores lexislaturas, por ser un modelo deficiente e caro. Peronon só en España, nas máis grandes cidades do mundo, por exemplo París en Francia, Berlínen Alemaña, Atlanta en Estados Unidos, de entre de máis de 400, xa recuperaron diversos servizos públicos, entre eles o abastecemento da auga.

O obxectivo dos Servizos propostos polas Empresas Públicas, céntranse unicamente en satisfacer da mellor maneira e o máis sustentable posible, as necesidades dos cidadáns. Namentres que, o obxectivo das empresas privadas, ata estatutariamente, fíxano na consecución do máximo beneficio "económico" para os seus accionistas. Éstas empresas, non lles interesa a sustentabilidade do servizo, por iso, non fan os investimentos previstos, xa que isto iría contra da súa conta de resultados. E por medio dunha publicidade as veces "tóxica", os grandes grupos minten sistematicamente ós cidadáns, intentando convencelos de que o bo e eficiente é o privado.

Pero este marco non sempre se cumple, determinados servizos públicos non atenden os verdadeiros desexos da poboación, e por iso, co noso modelo, propomos que a xestión, ten que ser aberta a participación directa dos veciños,incluíndo nos órganos de decisión a veciños e administracións, un modelo que nace para mellorar a capacidade de decisión e para garantir os mellores servizos posibles, e sobre todo ó seu xusto prezo.

O modelo de xestión pública pode evolucionar, de xeito que garanta a titularidade pública e unha xestión compartida entre veciños e administracións. A economía de toda a contorna, depende da xestión que fagamos da auga, por iso vos convidamos a presentación este sábado día 4, no salón de plenos do Concello de Cangas, ás 18 horas, a presentación dun novo modelo de xestión de servizos públicos dentro do proxecto "A auga non se vende".

*Membros de Economía Social do Morrazo (Eco-SoM)

Compartir el artículo

stats