Sabino Torres e a causa poética

24.05.2016 | 02:42
Sabino Torres e a causa poética

De Sabino Torres eu destacaría o seu compromiso coa causa da poesía. Foi poeta, editor de poetas, amigo de moitos poetas e, ás veces, sen ser el un home rico, mecenas de algúns poetas.

Foi el, realmente, quen intentou, con algúns "lletraferits" pontevedreses, a colección de poesía Benito Soto, nome dun pirata potevedrés. Nalquel tempo, tan mísero e ríspito, editar poesía era, dalgún xeito, un exercicio de subversión, un mester de piratería. Daquela (no bienio 1949-1951) Sabino Torres, o capitán desta dorna poética, contou cun aliado eficaz: Gráficas Torres, a imprenta pontevedresa de seu pai.

Nos últimos anos da súa vida, Sabino Torres, non só seguíu compoñendo poemas, excelentes (sobre todo en castelán), senón que, fondamente comprometido coa causa poética, creou e dirixiu unha nova colección de poesía: Hipocampo Amigo. El sabía que o hipocampo, o cabaliño do mar, é unha especie mariña protexida. Por iso el, quixote da causa poética, bautizou a súa nova aventura literaria con ese nome. Cónstame que algúns dos libros publicados en Hipocampo Amigo contaron co mecenado do editor.

*Presidente da Real Academia Galega

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine