Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Manuel María no Tintafemia

Hogano retómase a celebración dunha edición máis da Festa do viño Tintafemia de Cela, interrompida dende o ano 2009 e será a número XIII estando prevista para os días 1, 2 e 3 de xullo. Queda lonxe xa, porque vai para dezanove anos daquel sábado 19 de xullo de 1997 cando tivo lugar o pregón inaugural da I Festa deste viño por parte deste home da Terra Cha, ó que se adica o Día das Letras Galegas, o escritor maiormente poeta, Manuel María. ¡ Mágoa que xunto ó seu anfitrión e artífice organizador do evento, Evencio Parada Malvido xa non estean hoxe entre nós, q.e.p.d.! En efecto, ¡ quen non tarareou aqueles fermosos versos musicados por "Fuxan os Ventos" de Non canta na Chá ninguén / por eso o meu carro canta. /Canta o seu eixo tan ben / que a señardade me espanta/ do autor lucense !

Aquel día de traca, Cela vestiuse de longo e coma nunha maioría de idade, prestouse a recibir e ofrecer a súa maior flor atesourada durante séculos como é o viño Tintafemia. Videira, uva hai quen a relaciona directamente en canto á sú introducción co propio Priorado de Santiago de Hermelo e os seus frades bieitos (ano 1112 da refundación). O certo é que dende primeiros de século pasado cando visitara as festas patronais, D. Eugenio Montero Ríos disque cunhas botas "de goma" que ninguén acertaba a saber de que material eran, pero escintilaban ó darlle o sol, Cela nunca recibira a visita de tantos persoeiros e autoridades: os alcaldes do Morrazo, membros da Corporación Municipal, enviados da Deputación (logo viría o propio Presidente, mesmo algún Conselleiro) e distinguidos membros da cultura como Xoán Carmona Badía, Bernardino Graña e o mentado Manuel María. A esta circunstancia non era alleo o por entón Alcalde de Bueu, D. Xosé Novas, en boa parte responsable da elección, cremos pola amizade que os unía e mesmo da idea de sacar adiante esta festa gastronómica identificatoria para a parroquia de Cela. Amén dos retrasos de rigor á hora de empezar, todo discurriu polo establecido. Trala presentación e introducción do pregoeiro, este subiu ó palco do Eirado dos veciños e iniciou un percorrido de loa polas terras de Galicia, vinculada sempre a un viño característico que as define, dende as propias cepas en tempos de Noé, o viño como elemento de unión e vertebrador da veciñanza como colectividade, as xuntas e decisións que teñen lugar ó redor del, os proxectos sen que nada pode haber perfecto sen el, sendo o mellor agasallo para un católico compostelano un bo viño sempre tomado en compañía, xa que beber en soidade é unha traxedia, para rematar dicindo que quedaría satisfeito se este pregón valera unha taza de bo viño de Cela. Tras estas palabras de loubanza deuse paso ó deleite da proba dos viños, si dos viños porque aínda que o tintafemia é un, tamén son distintos dependendo dos adegueiros, do proceso de elaboración, da terra e ubicación das viñas? todo marca a diferencia entre as botellas na mesma anada. Así os asistentes puxeron en práctica a sociabilidade do discurso que continuaría co xantar e sobremesa posteriores. Foi durante esta, onde Manuel María contou que a relación co viño tintafemia de Cela xa lle viña de vello, cando acudía invitado por José María Castroviejo e Juan Santos á adega de Agustín García Parada do Burgo (Agustín de Cela) como era coñecido fóra da parroquia, o que fora alcalde no periodo 1910-1912. ¡ Todo un descubremento dunha personalidade para os asistentes que tivemos a honra de compartir palco e mantel co poeta de Outeiro de Rei, Manuel María!

*Belarmino Barreiro Rosales é arquiveiro de Bueu.

Compartir el artículo

stats