Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

A fraxilidade da infancia e da vida

A miúdo cremos, tontamente, ca nenez é a época mais feliz da vida. Erro infantil de mentes simples.Cando no 1763 Rousseau nos deixa a súa "Emile", no vello mundo tíñamos aceptado de forma mais ou menos xeral, a idea dos septenios; sete anos primeiros de vida, infancia ata os catorce, puerilidade e a partiren de entón adolescencia ata os vinte e un,cando empezaba a vida adulta.

Definir e aceptar estas débiles e absurdas liñas non resulta un problema novo historicamente falando, temos casos e casos nos que os criterios sociais mudaron, polo que non sorprende que na actualidade, a nenez case se prolonga ata os dezaseis anos, e dende logo a imaxe dos nosos rapaces de agora, en nada semellan a dos nosos pais e avós, nen sequera a nosa.

Seguimos a ter unha imaxe utopía e idealizada da infancia, mais próxima ao mundo Feliz do País, de "Nunca Xamais", de Peter Pam e Campanilla que a realidade fea e malsoante do noso mundo real e material, no que os soños e anhelos infantís de algodón doce e feira, verán de praias e xogos inocentes, supón a felicidade, sen medos nin temores, nin frustracións, xa que ai esta a man firme dos nosos pais para axudarnos a superar calquera das nosas dubidas. Desgraciadamente, non hai nada mais falso que esta idealizada imaxe.

Hoxendía, son poucos os que atrévense a negar a inxente carga de atrocidades, terrores e crueldades que transmitimos os nosos fillos en cada vaso do leite quente e chocolate con churros de contos que lles damos cheo de agarimo e amor inconscientemente, incluído o "Home do saco" e como non, aqueles "Sacamantecas", tan de nosos.

A famosa idea da nenez perdida, que algúns de nós non fomos quen de deixar atrás e imos na súa procura unha e mil veces, no brillo apagado dos ollos dos nosos anciáns, os que asoman con desparpajo os nenos que foron. Adultos que botan en falla os seus anos de rapaces, de soños incumpridos, e que nos matamos para que eles, estes, os nosos fillos, revivan, acaden, desfruten, teñan todo aquilo que nos non puidemos ter, cumprindo así os nosos soños.

Pero realmente; Quen de nos preguntouse algunha vez se os seus fillos son felices? Sonche felices?, ou tan so enchemos os seus dormitorios, e as súas vidas, de cousas inútiles, xoguetes, aparatos, materiais e subprodutos desta sociedade consumista, na nosa crenza de que así os estimulamos, lles preparamos e abrímoslles as portas o futuro ,no que mergullar como os mellores e máis avezados para ter mais oportunidades de ser felices.Felices?

Todolo mais que gardamos coma un tesouro do noso tempo de nenos, aparte dos erros, experiencias frustrantes, mentiras e fracasos, sonche estas vellas fotos marelas de fotografo de estudo, nas que aparecemos cos ollos abertos de par en par, expresión de medo ou sorpresa, e fráxiles, moi fráxiles, coma de cristal. Cristal que de cando en vez se racha demasiado pronto, porque a vida é iso; xogar a que dure, e cando se perde o baleiro que nos queda resulta tan doloroso como infinito.

Mais cando é tan antinatural e inxusto como que uns pais teñan que dar sepultura ó seu fillo.

Compartir el artículo

stats