TRIBUNA LIBRE

Dende Silleda: váiase, Sr. Hollande...

24.03.2016 | 03:03

?E lévese con vostede a moitos e moitas que xa nos demostraron o listos que son, o moito que sabían, o solidarios que realmente foron e canto nos queren.

O terrorismo non se combate con máis terrorismo, ao que, por certo, vostede chámalle "guerra". O terrorismo combátese coa paz.

Axude a que os nenos e os vellos sirios vivan en paz e eu asegúrolles, "politicastros", que nun futuro cercano, como pouco, haberá menos terrorismo.

Sr. Hollande, nós, as persoas, non queremos estar en guerra. A maioría temos fillos e queremos un futuro sen violencia para eles. Nós, homes e mulleres de paz, queremos combatir o yihadismo axudando á xente que está necesitada, non enviando as bomas ós seus países.

Sr. Hollande, o terrorismo combátese con paz.

*Artesán veciño de Silleda

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine