Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Lobos e comida suplementada

Tódolos anos procuro visitar a Serra da Culebra. Da man do bo amigo, e un dos grandes expertos do lobo ibérico, o biólogo Javier Talegón, pasamos as horas crepusculares asexando sobre un vasto horizonte. As esperas fanse en total silencio. Téñense que facer no máis quieto dos movementos. Tal é o frío, que incluso no verán, ás 6:30 da maña faise con incomodidade. En inverno non se da aguantado máis de media hora. Despois veñen horas e horas con Talegón, un grande e entretido conversador e erudito do lobo, responsable de LLobu unha empresa de turismo de lobo de referencia en España. Coñezo o suficiente a Culebra pra falar dela. Incluso as teses que defenden destacados sindicalistas agrarios en Villadeciervos, asentadas nos postulados antilobo, e defensores do esperpéntico modelo de poxar polas súas cabezas, por prezos que van dos 6.000 aos 10.000 euros, no que é o santuario de lobos de Europa.Esta venta é unha das maiores vergoñas que se toleran neste país sobre xestión de fauna.

A Serra da Culebra é un marco non comparable con outros territorios lobeiros. Son 67 mil hectáreas (do tamaño da Comarca do Deza), cunha das densidades de poboación (humana) máis baixas de Europa. Todo monte. Con aproveitamentos gandeiros residuais ao redor dos poucos pobos que hai. A enfermidade da lingua azul limita moito as posibilidades dos rabaños nos planos altos da Serra, coñecéndose o papel dos cervos como transmisores desta enfermidade, da que recorrentemente existen brotes. Ten a densidade de lobos máis alta de Europa, os censos oficiais sitúan unhas 10 mandas, que outros reducen a metade.Isto fai que sexa tamén o reclamo por excelencia do ecoturismo de lobo. Comen a base de presas salvaxes, cervo, corzo e xabaril. Moi ocasionalmente teñen lugar ataques a rabaños de ovellas e cabras, e moito menos a vacún. A suposta escaseza de alimentación é un factor necesario de regulación ecolóxica do lobo.

Culebra non é exemplo de nada no referente ao suplemento de alimentación dos lobos. Ao redor disto hai montada unha grande mentira. O propósito de botarlles comidas, facer cebadeiros, responde a outros interese máis espurios que teñen que ver coa súa caza. Esa é a única verdade, que a Consejería pretende disfrazar en base a supostos estudos. De non existir, o negocio de vender trofeos de lobos fracasaría. Os celadores da Reserva teñen a misión de xerar na conduta dos lobos unha habituación a lugares determinados, e para o que durante un tempo, coidadosamente van cebando co depósito de preas. Todo co aval técnico dos que se prestan a isto. Xunto eses lugares, a unha distancia prudente, pero efectiva a tiro de rifle, instalan as denominadas "casetas de la muerte". Invito a velos vídeos en internet.

Non me cansarei de facer pedagoxía tentando explicar o que é un lobo e desmentir moitos dos falsos presupostos e apriorismo que existen ao redor del. En calquera conflito, e no propósito de resolvelo, sempre é necesario coñecer tódolos elementos que atinxen a un problema. Manexo a información sobre danos e o custe que supoñen, a pesar de que non nos deixen estar nas Comisións de Valoracións.Creo que existe un déficit moi importante á hora de saber o que ecoloxicamente é un lobo. Algo indispensable se queremos solucións sensatas e, máis que conservacionistas, diría éticas. Non pretendo que a xente toda teña que saber principios básicos de conservación e ecoloxía, ao igual que non todos temos que saber como é a cirurxía para poñer un catéter. Tampouco dar leccións de nada e erixirme en voz ecoloxista que cuestione outras opinións.Ou que me comparen con biólogos máis listos. Pero preocúpome de contrastar ata a última palabra sobre o que de lobos digo, lendo os estudos científicos que se publican (máis oficial que iso non hai nada), e moitos ruborizaríanse se analizaran o que din tendo en conta estas informacións.

Xa Fritts no ano 1982, e posteriores estudos con radioseguemento, sobre poboacións en Minesota, Alaska e Canada, publicou que dispoñer de puntos de alimentación do lobo xeraba o efecto contrario ao que se pretendía, incrementándose os ataques nas explotacións máis próximas a estes lugares coma consecuencia de efecto de atracción e ansiedade ocasionada nos lobos .Recentemente, e máis próximo, a revista Enviromental Management, publica o artigo sobre alimentación do lobo en Galicia (Laura Lagos, USC 2015), na que so recomendan flexibilizar a norma de retirada de cadáveres da gandería extensiva e en lugares recónditos das montañas galegas. Aspecto, este, diferente ao darlles de comer no monte creando cebadeiros. O gando en extensivo, morto no monte,sen localizacións fixas, é unha opción seria que se pode aplicar, dunha maneira controlada, que non sirva coma picaresca para desprenderse de cadáveres procedentes de gandería estabulada en explotacións.O resto agravaría o problema.

*Bilólogo lalinense.

Compartir el artículo

stats