Tribuna Libre

Tensa reunión pola Festa da Raia

13.03.2016 | 03:15
Tensa reunión pola Festa da Raia

O abandono organizativo da Festa da Raia de Portonovo por parte do goberno do Concello de Sanxenxo, motivou serias protestas dos veciños de Portonovo, que o concelleiro Roberto Carlos Agís quixo calmar, mantendo unha a reunión do seran do 10 marzo no edificio de usos múltiples de Portonovo cos veciños e colectivos da vila.

Lonxe de logralo, o concelleiro caldeou más o ambiente, polas razóns seguintes:

1.-Críticou os anteriores políticos pero el seguía o mesmo esquema organizativo, desatendendo as suxerencias que se lle fixeron chegar nada más nomeado concelleiro de Cultura, Festejos e Xuventude.

2.-Non se daba conta que él, ademáis de concelleiro, ten que ser o maior animador cultural do Concello.

3.-Descoñecia cales son os fins da Festa da Raia xa que para el é unha simple festa gastronómica cando en realidade naceu con un triple fin:

A: Promocionar o mar porque Portonovo é mariñeiro.

B: Promocionar o turismo porque Sanxenxo é a capital de Galicia turística.

C: E, por suposto, tamén é unha festa gastronómica, como pode ser a da fabada.

Por certo, dado o descoñecemento que hai deste evento, non estaría demáis que estes fins da Festa da Raia de Portonovo quedarán reflictos en algún acordo plenario da corporación municipal de Sanxenxo.

4.-Coñecía os números malos da festa, pero descoñecia e descoñece, as causas que levaron ó fracaso da mesma.

Dado o cabreo existente entre os veciños, o representante dos hostaleiros, a asociación "Can de San Roque", promete que íbamos a ter Festa de Raia, con ou sen axuda do goberno. Eso sí, teria que ser neste vindeiro setembro.

É lamentable que un concelleiro, que presume de currículo, se presente ante uns veciños con tan pouco coñecemento dun evento que quere liquidar.

* Veciño de Portonovo, e fundador do Proxecto Portonovo

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine