Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Un cambio e traballo

Cando empezou esta lexislatura no Concello de Moaña sempre pensei que ía ser unha lexislatura dura e complicada, posto que o noso grupo -Coalicion Independiente por Moaña XM- era un novato na politica municipal. Agora ben, en gañas de traballar e de dar transparencia ao pobo non nos iba a gañar ninguén, posto que baseamos todas as nosas prioridades nestas dúas cousas e así seguiremos ata a fin da lexislatura, e gustaralles máis ou menos aos veciñ@s, pero dicir que neses aspectos non imos cambiar. Pero ao suspenderse os debates públicos pola Plataforma do Paseo a nosa labor vese moi complicada, por non poder discutir os problemas que poideran surxir en todo este tempo de interrupcións e sentímonos coaccionados e a nosa fiscalización do Goberno vese comprometida, exactamente igual que as nosas propostas de solucións aos conflitos ou medidas a tomar en beneficio dos veciñ@s.

Dicir que nestes intres hai varias cousas paralizadas, as cales hai que darlles unha solución que non pode estar retrasándose moito tempo pola gravidade da situación na que se atopan Por exemplo: reparación de parques públicos, comedor social, a onde van os cartos públicos, contratacións, limpeza, mantemento de espacios, sanidade, seguridade e outras. Está claro que todos desexamos o paseo polo mar, pero nestes intres está paralizado de momento, polo tanto non se pode paralizar todo o demais por iso, e máxime cando o culpable non pide perdón por todos os erros feitos dende o inicio dos trámites e da execución do mesmo proxecto. A Coalicion Independiente por Moaña non lle importa en absoluto quen goberne en Moaña si o fai ben.

Nós pensamos que o podiamos facer mellor, claro está. Agora ben, XM dirá sempre o que cree en cada momento o que pensa que é o mellor para o pobo. Se o Goberno nalgúns temas o fai ben,non temos que aplaudilo,pois está para facelo ben.

Nós criticaremos o que se faga mal goste ou non goste a todos. Estamos para iso e seguiremos así sempre, posto que si mostraramos unha indiferencia aos problemas, sexan cales sexan, estariamos dando un apoio silencioso as cousas mal feitas e ao mesmo tempo sería unha inxustiza co noso pobo.

*Voceiro de XM

Compartir el artículo

stats