Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Fusión si: garantía de futuro

No proceso de fusión voluntaria que trasladamos ós veciños de Cerdedo e Cotobade, calquera pode amosarse a favor ou en contra. Faltaría máis.

Tamén vostede Sr. Peón, eso si, sería máis creíble a súa postura contraria a esta proposta se fose acompañada de seriedade, datos obxectivos ou dunha alternativa.Pero non, vostede recurre ó de sempre, a descalificación, insulto e mentira.

Pode insultarnos, faltarnos ó respeto, atribuirnos calificativos de caciques, fascistas, pode afirmar sen poñerse colorado que en Cerdedo non existe a democracia, atribuirnos a foto das Azores, os xinetes do Apocalipsis, a boina o birrete, etc, pode seguir utilizando estas descalificacións, tan antigas na sua linguaxe conmigo, como lonxanas da época social e política actual.

Pero non lle vou consentir que minta. Imos aclarar conceptos.

Afirma vostede que na reunión de Pedre había unha escasa ducia de veciños, e, á pregunta dun veciño de: "¿por que a fusión non era con Forcarei, que eu contestei cen veces que a Alcaldesa se negara, así como que non me levo con ela?".

Mire Sr. Peón, na reunión de Pedre, estaba un veciño de cada casa dos que viven en Pedre. Sobre a pregunta de Forcarei, contestei que a idea da proposta da fusión con Cotobade naceu no seo do Consorcio Conca do Lérez, como consecuencia da experiencia, que era unha decisión de Cerdedo e Cotobade e que Forcarei non estaba, dixen que a fusión con Forcarei, deixaríanos con apenas 5.000 habitantes, co que en pouco máis dun ano volveríamos a baixar desa categoría. Teño unha relación correcta coa alcaldesa de Forcarei e nos levamos ben, seguiremos sendo de Terra de Montes e os servizos que compartimos con Forcarei ou coa Estrada por proximidade non perigan, senón o contrario. Por certo, vostede non estivo nesa reunión.

Tamén di que fai un ano estiven polas parroquias co argumento contrario á fusión. Aquelas reunións fixéronse como campañas de empadroamento para non baixar dos 2.000 habitantes. Campañas como as que está a facer o Concello de Lalín; advertíamos que se baixabamos desa cifra, corríamos o perigo de que nos tivésemos que fusionar con concellos moi grandes e que en vez dunha fusión fose unha absorción. Pero, vostede tampouco estivo naquela reunión.

Remata dicindo que levo anos afundindo Cerdedo. Home, se afundir é conseguir centro de día, residencia pública, gardería infantil, biblioteca, centro multisocial, museo, telecentro informático, auditorio, locales sociales, abastecementos, saneamentos, urbanizacións, beirarúas, alumeado, mobiliario urbano, aforro enérxetico, acceso a internet en todo o concello, innovación, alumeado led, melloras en igrexas, capelas, retablos, fontes e lavadoiros, sinalización, urbanización integral de tódalas rúas do casco urbano de Cerdedo, transporte interparroquial, escola de música, áreas recreativas, parques infantís, instalacións deportivas, empedrado integral de todo o casco histórico de Cerdedo, aparcamentos, prazas e parques públicos, vivenda de promoción pública, pastizais, EDAR, ETAP, PXOM, Polígono do Sangal, novo polígono cun millón de metros cadrados de solo industrial, concello máis inversor en obra pública anos 2006 e 2007, o concello que máis invirte por habitante, cerramos os exercizos presupostarios con superávit e remanente positivo de tesourería e o último dato sobre o prazo de pago a proveedores é de 1,58 días. Ten razón levo 11 anos afundindo Cerdedo!

Quen minte? De verdade cree que co 80 % dos votos e con 7 de 9 concelleiros, teño necesidade de expoñerme á crítica, ó desgaste político, ou contar milongas? Vostede siga insultando e descalificando. Eu seguirei loitando por garantir os servizos ós veciños, tendo vista longa, global e de futuro. Vostede siga co ideario político, co minifundismo mental e co localismo máis rancio e acérrimo. Eu seguirei coa verdade, cos argumentos, cos datos, co DOGA e co BOE.

Sei que para vostede e algún máis, eu son o auténtico culpable de todo: do cambio climático, da erosión das pedras, dos danos dos temporais, da fame e da guerra de Siria,?. "piove, porco governo".

Os lectores deben coñecer a seguinte información: Pedro J. Peón Estévez, é pai de Fátima Peón Torres, candidata a Alcaldía do Concello de Cerdedo nas municipais do 2011. Despois de facer unha campaña co mesmo discurso e descalificacións que o seu pai acadou 48 votos, non saiu elixida concelleira. Eu obtiven o 87% dos votos e 10 concelleiros de 11.

Eso nunca mo perdoarán.

*José Balseiros é alcalde de Cerdedo.

Compartir el artículo

stats