tRIBUNA LIBRE

Paseo de Seara

01.03.2016 | 03:26

Levo 37 anos casado e vivindo en Moaña, pero nacín en Domaio. Sendo un rapaz, recórdome de tódo-los asteleiros que por aqueles tempos había en Domaio. Vindo de Vigo para Moaña, o primeiro asteleiro que ao día de hoxe aínda segue en pé é o do Regueiriño, un pouco máis para diante, xusto debaixo do cemiterio de Domaio, estaba o asteleiro de Benito de Rosiña, onde fixeron un muro de contención e unas escaleiras de acceso á praia para disfrute dos vecinos. A uns 200 metros, atopábase o asteleiro de Casqueiro, onde agora hai un parque e aparcadoiro.

Un pouco máis para diante, estaba o asteleiro de Ferradés, ahí xa se facían barcos máis grandes e agora está o parque e unha pista de xogos. A escasos metros estaba o asteleiro de Ríos moi cerca estaba asteleiro de Julio Beiga, a poucos metros estaba o asteleiro de Canal, seguido de asteleiro de Verdeal e máis o de Caballas. Máis para diante atopámonos co asteleiro de Laxes, e por último o asteleiro de Manuel de Lemos. Onde estaban estes asteleiros ao día de hoxe, hai un paseo, un pantalán, club de xubilados, centro de saúde, etc.

E agora atopámonos no centro de Moaña uns asteleiros máis antigos cos anteriores en moi mal estado, sen ningún tipo de actividade, coas vías oxidadas e de repente parece que o tempo se detivese nese sitio para impedir o desarrollo de Moaña.

O actual equipo de goberno do Axuntamento de Moaña ten que facer as xestións que fagan falla, para que o noso municipio teña uns dos mellores paseos marítimos das Rías Baixas. Que teña un museo do mar sen esquecer os asteleiros de Domaio. Aos veciños hai que darlles solución e non rirse deles cando acuden ao salón de plenos. Non vale esperar e deixar pasar o tempo a ver se se cansan. A solución é doada e está nas súas xestións.

*Veciño de Moaña e exconcelleiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine