Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Señora alcaldesa, sentidiño!

Parece que o que onte pasou é a primeira vez na historia deste pobo que acontece. E desde o goberno municipal, quérese "criminalizar", a uns cidadáns, que o único que fixeron foi non deixar que o Pleno da Corporación celebrase a súa sesión. Parece que isto é a primeira vez que acontece, que é unha nova mundial.

Ai, cabeciña, cabeciña. Sen ir máis lonxe, indo só a corporación anterior, cantos Plenos non se poideron celebrar, porque distintas plataformas tomaron o Salón de Plenos e impediron a celebración? Cantos? Moitísimos Plenos foron suspendidos. Case un ano estivo a Corporación pasada sen celebrar sesións plenarias. E criminalizouse a alguén?

Non que recorde, polo menos polo Alcalde e goberno daquela.

Pero aínda o máis grave do acontecido onte, non é que non se puidese celebrar o Pleno. O máis grave é a criminalización sistemática que a Alcaldesa (recórdolle que representa vostede a tódolos moañeses, non só os do BNG), fai dun colectivo, que polas razons que sexa, escolle o Salón de Plenos para reclamar as súas revindicacións. Esta criminalización sistemática, vai mais alá, aínda alentada polo BNG, pois seguen nas súas trece, de que "o que non está con nós, está contra nós e é un inimigo". Vostedes sigen pensando que en política todo vale.

Non fai moito, no Pleno da Corporación, un Concelleiro electo, decialle a Sra. Alcaldesa, que antes de falar cos medios de comunicación, contase ata tres. Parece ser, que coma todo, as palabras dese Concelleiro, entráronlle a Sr. Alcaldesa por un oído e saíronlle polo outro.

Que as reflexións da Sra. Alcaldesa cos medios de comunicación, despois do que aconteceu, sexan dicir, que "por culpa duns veciños outros non cobran", é cando menos demagoxia, baixeza política, e outros calificativos que prefiro non expresar. Da mesma baixeza política é ver como mentres a maioría dos Concelleiros da oposición, permanecían nos seus escanos con caras serias, na bancada do goberno, moitos dos membros do goberno non quitaban o sonriso das súas facianas, nun desprezo claro os veciñ@s.

Sra. Alcaldesa, esas facturas, polas que vostede agora éncheselle a cara de bágoas, polas que xa non hai panos que lle cheguen para limpialas, esas facturas, si non estan pagadas a data de hoxe, non é pola culpa duns veciños. É pola culpa do BNG e do PSOE. Si señora. Pola culpa dos que hoxe son goberno municipal e antes eran oposición.

Esas facturas, que na sua maioría, son dos anos 2012, 2013 e 2014, foron levadas o Pleno da Corporación, en varias ocasións, polo goberno anterior. E vostedes, BNG e PSOE, abusando da sua maioría na corporación, contra un goberno en minoría, sistematicamente, votaron en contra. Si, vostedes votaron en contra de pagarlle a eses veciñ@s, a esas empresas e autónomos, unha e outra vez.

Por iso, Sra. non se lle encha agora a cara de bágoas, e non intente culpar dos seus males a outros. A culpa é de vostedes e daqueles ventos, chéganlle agora estas tempestades. E si na Tesorería do Concello hai 300.000 euros para pagar esas facturas aí seguirán, se vostedes son o suficiente previsores.

Pídolle tamén que non siga coa sua política de dividir e enfrentar. Desde que xurdiu o conflito e a Plataforma polo Paseo da Seara, vostede sistematicamente intenta dividir e enfrentar a uns veciños con outros. Non intente provocar unha guerra que lle poida explotar nas mans.

Por iso, Sra. Alcaldesa, sentidiño, sentidiño. Non se lle vaia a escapar das mans.

*Veciño de Moaña e concelleiro do PP

Compartir el artículo

stats