Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Xa pasou un ano

Que axiña pasa o tempo. Aínda parece que foi onte cando moitos/as cangueses/as estabamos chorando consternados polo finamento de don Jesús Barreiro, párroco de Santiago de Cangas e Illas Cíes -como el ben reivindicaba-, e agora que as Cíes están a punto de ser declaradas patrimonio da humanidade, estou seguro que, dende o ceo, estará véndoas bonitas e fermosas -como son- e dicindo "estas illas pertencen, eclesiásticamente, á miña parroquia.

Que dicir de don Jesús que non se dixera xa. Cangas gañou un cura novo, como é don Severo, pero perdeu un cura que, dende o ano 1977, cos seus erros e acertos, sempre soubo estar a carón do pobo, reivindicando o que había que reivindicar e fora onde fora. Don Jesús, non o imos esquecer de xeito doado. Onde queira que estea, a mayoría do pobo de Cangas que chorou a súa perda estará hoxe na Excolexiata para conmemorar o seu cabodano e amosarlle así o cariño que sempre lle tivo. Conmemoraremos a súa dedicación a tantos/as vecinos/as deste pobo cos/as que sempre soubo estar aínda que caesen chuzos de punta.

Por moi mal que fosen as cousas, sempre aparecía don Jesús para axudar ós/ás máis necesitados/as. Descanse en Paz, querido don Jesús. As súas Illas Cíes non o esquecen e o Pobo de Cangas tampouco.

(*) Veciño de Cangas

Compartir el artículo

stats