tribuna libre

Proposición indecente

07.02.2016 | 02:45

O proxecto do Obradoiro de Hostalería fraguábase no 2001 no seo dunhas asociacións sociais de loita conta a droga. Dada a importancia do proxecto, e a súa complexidade no desenrolo e planificación formativa dos módulos a impartir, xunto coa imposibilidade tanto económica como de infraestrutura para poder levalo a cabo dende as asociacións, e polo que se decideu presentar o proxecto na Mancomunidade para así garantir a súa realización. A xa desaparecida asociación O Grove-Érguete, apoiada por outrasentidades, foi a que xestionou todo este proceso. Visitamos moitos, moitos despachos, dando a coñecer o proxecto e intentando recadar apoios dende alcaldes, presidente Deputación, delegación provincial de Traballo, reunións con técnicos, asociacións de hostalería...

Cando se presenta o proxecto era presidente da Mancomunidade Jorge Domínguez (alcalde de Meaño). Foi no ano 2003 cando isto empezou a desenvolverse. Quero destacar o esforzo, a sensibilidade e o magnífico traballo realizado por Domínguez e polo seu equipo técnico, no desenrolo e execución da primeira escola taller de hostalería, denominada hoxe Obradoiro de Emprego (a primeira destas características creada en Galicia).

O comezo non foi fácil, pero ano a ano a escola obradoiro estaba a acadar magníficos resultados. Isto non facía máis que confirmar o necesitada que estaba a comarca dun centro de formación hostaleira.

Escribo isto porque a raíz dos últimos acordos tomados na Mancomunidade do Salnés acaban de sacarnos do Grove, dun plumazo e como si tal cuosa, o Obradoiro de Hostalería da Lanzada.

Isto é tan impresentable, e atravesóuseme de tal maneira que é imposible dixerilo, que síntome na obriga, por respecto aos meus veciños e a min mesma, de dicir o que penso. O señor Duran presentouse no pleno con un informe do director do obradoiro que se está a levar a cabo neste momento na Lanzada que di que as condicións do local onde están a impartir as clases non son as adecuadas.

Por tanto "apoiándose" neste informe, o señor Durán decide (despois de arduas negociacións) que a Escola-Obradoiro "se la lleve calentita" Sanxenxo.

Señor Durán, ¿hoxe non serven as instalacións e fai un ano si? Fai pouco tempo, desfacíase en eloxios para o ente provincial, pondo en valor o esforzo e boa disposición que demostraba acollendo un ano máis o obradoiro. ¿E hoxe xa non sirve nada? ¿Ou é, que xa non interesa falar coa Deputación?

Eu penso señor Durán que tiña primeiro que ir á Deputación a falar da instalación do Obradoiro na Lanzada e dialogar para poder por en marcha ese acordo que Rafael Louzán, anterior presidente da Deputación e do mesmo partido que vostede, asinou con tres representantes da Plataforma pola Pousada da Lanzada, onde se recollía o compatibilizar a formación en hostalería coa posta en marcha de dita pousada. Ese é o acordo que se asinou e que se aprobou en pleno da Deputación.

¿Pregunto onde están eses políticos que nos representan, que non velan polo cumplimento do que se aproba nas institucións?, ¿onde se atopan? ¿Ou é que xa non serven para nada os acordos nin o aprobado en pleno nas institucións?

Seór Durán, sin panos quentes, vostede manda o Obradoiro de Emprego para Sanxenxo porque lle interesa seguir sendo presidente da Mancomunidade e necesita ao alcalde de Sanxenxo para ese fin. E compensa ese apoio entre outras cousas levándolle a formación de hostalería para alí. E vostede non quere ningún trato ni relación coa Deputación, e así con este acordo mata vostede dous paxaros dun tiro, e aos demais, ou sexa aos veciños do Grove, "nos pasa usted clara y llanamente por ol forro".

Dígolle unha cousa, que inda sendo mancomunada a escola obradoiro, merecémonos que estea no noso municipio. ¿E sabe por que?, porque a xestamos, a loitamos, axudamos a parila e puxemos todo o noso esforzo, sobre todo os primeiros anos para axudar a consolidala. Dígollo por si non o sabía.

Mire, señor Durán, O Grove leva moitísimos anos loitando e demandando formación en hostalería. Somos un pobo inquedo e defendemos o bo facer na cociña, pois non acabamos de descubrir a pólvora hoxe, como lle pasou a vostede, que segundo manifestou no 2012 "lamentaba no haberse dado cuenta de la necesidad de formación turística que necesitaba la zona". E lémbrollo porque parece que vostede o esquece que a vila do Grove tamén é unha vila turística.

Só me queda dar a noraboa ao alcalde de Sanxenxo, porque defendeu moi ben os intereses do seu Concello. E vese que como di o refrán que "el que la sigue la consigue", e hai moito tempo que querían esa escola en Sanxenxo e xa a teñen. O lamentable e vergoñento de todo isto, é que no meu Concello non se loitara por mantela. Supoño señor alcalde que isto só é o principio dun proxecto máis ambicioso. Sinceramente noraboa. E a eses representantes políticos da Mancomunidade que quedaron máis tranquilos propondo que o obradoiro podería rotar polos Concellos, eu non mo creo. Vai para onde vai e de aí xa non se vai mover.

Grazas á representante do Grove na Mancomunidade do Partido Popular por votar en contra. Si señor, hai que ter polo menos un pouco de pundonor.

(*) Carmen Cacabelos Vidal é coordinadora da desaparecida Asociación O Grove-Erguete e membro da Plataforma da Pousada da Lanzada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine