Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Primos ou irmáns?

Esperemos que as preguntas formuladas durante estes días atopen respostas nesta publicación, que pretende ser un instrumento práctico que axude a algúns representantes locais a buscar, na cooperación e o irmandamento, solucións aos numerosos desafíos aos cales deben enfrontarse, e a construír un pobo mellor para todos.

Tomando como base as relacións de amizade e confianza mutuas, os irmandamentos poden ser o punto de partida para intercambios de experiencias e enriquecemento mutuo en ámbitos moi diferentes. Así é como se han ir construíndo, a través dos irmandamentos, diferentes colaboracións en temas como o tratamento de residuos, a xestión das augas, o desenvolvemento económico, un achegamento entre os colectivos culturais, e sociais de ambos os pobos. Non cabe entender ningunha razón oculta, como proclaman algúns, no desexo común de ambos pobos.

Soamente tratamos de facer as cousas con toda a ilusión, tentando realizar os proxectos que son de todos e todas as veciñas e veciños de Bueu. Desde logo que nos equivocamos como casi todo o mundo, pero de ahí, a ver intereses ocultos nisto, é ter a mente moi retorta. Por que? Pola sinxela razón de que hai unha primeira vez para todo, desde logo Bueu ten infinidade de coincidencias con Ribadesella, unha delas é o enorme vínculo co mar. Creo sinceramente que é unha ocasión magnífica para resaltar o que nos une, que é moito e o positivo que resultará para todo o pobo poder compartir coa xente de Ribadesella, o que aquí temos.

Coa ampla oferta cultural, a nosa oferta en praias, a nosa gastronomía, dou por feito o inmenso atractivo que podemos ofrecer en Bueu e toda a comarca do Morrazo a todos os visitantes. Aínda que os cargos electos representan a vontade política, nun irmandamento tamén se debe involucrar ao resto dos veciños, as escolas, as asociacións deportivas, as escolas de música, asociacións empresariais etc, deben implicarse.

Din que galegos e asturianos, primos irmáns; pero xa se sabe que en toda familia sempre hai algún mal avenido. Prefiro quedarme con: galegos e asturianos, irmáns a secas. Gozar do Entroido, as máscaras usalas só estes días. Esfrutar del Antroxu, les mázcares usales solo estos díes.

P.D. Sinto a necesidade de acabar dicindo que síntome enormemente orgulloso de ser asturiano, por se algún non o sabe, pero dicir que é grazas a que o meu pai naceu en Bueu. O meu único interese é traballar por este pobo, terra dos meus fill@s, coa mesma ilusión e agarimo que o que sinto pola terra na que nacín.

*Fidel Castro é concelleiro de Relacións Institucionais de Bueu

Compartir el artículo

stats