Gonzalo Riobó

Paseo marítimo

04.02.2016 | 03:42

1ª.-Na primeira conversa que tiven co noso rexidor, na oficina de Madeiras Casqueiro, en presencia do técnico redactor do ¿ proxecto? e dun funcionario de Costas ou de Portos de Galicia, o Sr. Alcalde propúxome lle cedera graciosamente unha franxa de tres metros de ancho por dez de longo, do terreo da miña propiedade, co obxecto de facer pasar por alí o paseo marítmo. Despois de facerlle patente a miña opinión da aberración que esa idea supoñia dados os entrantes e saíntes que iba a ter o paseo, podendo facelo paseo que o pobo de Moaña se merece, fixenlle ver a miña disposición de facer a doazón dos 3x10 m unha vez que se resolvese o problema que tiñan todalas propiedades desa zona, e, que estaba pendente da aprobación da reforma da Lei de Costas.

2ª.- Nunha segunda conversa xa me falou dunha cesión de 4 metros, facendo fincapé na morea de "vantaxes" que esta cesión me iba a traer. Este incremento de anchura da franxa provocou en min un total rexeitamento, ainda que nunha posterior visita que me fixo o técnico, accedin a ofrecer 2 metros para o carril bici, e que a peonil se fixese igual que se fixo hai ben pouco o paseo do Con, ou como pretenden facer éste por diante do clube de xubilados.

3ª.- Houbo unha nova "entrevista" coa presenza do mesmo técnico, e no mesmo escenario na que a franxa debeu ter comido moito e xa era de 6 metros. Xa se pode imaxinar calquera cal foi a miña reacción. Estabamos nos momentos alxidos dos "sobres" e outras lindezas contidas nos papeis dun tal Bárcenas. Ainda así mantiven os meus 2 metros de cesión.

4ª Na última xuntanza a que nos convocou o Sr. Alcalde, esta vez no Concello, como é preceptivo e coa asistencia dun técnico novo e dous funcionarios en calidade non sei de qué, ainda que demostraron que estaban alí para dar apoio moral ao seu xefe, foi exposto por primeira vez un croquis a color do trazado esperpéntico e irracional, que mereceu as mais duras críticas da nosa parte, por consideralo unha tomadura de pelo e unha ofensa ao pobo de Moaña que non se merece semellante adefesio.

Nesta xuntanza eu asumín toda a dura crítica de que foi obxecto aquel aberrante proxecto. Aínda así mantiven a miña oferta dos 2 metros.

5ª A respecto do estaleiro, dende o primeiro día aceptei o que o Sr. Alcalde propuxera, non sin facerlle a miña crítica de que mentres outras vilas mariñeiras como Bueu loitan por conservar os signos da súa identidade e conseguen manter en pé o último baluarte dunha profesión como a carpintería da ribeira intimamente ligada ao desenrolo da sua vila, que foi e segue a ser a pesca, en Moaña parés que é xustamente ao revés, borrar o último vestixio desta nobre e digna profesión.

Por isto é polo que non acabo de entender a declaración relativa ao estaleiro.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine