tRIBUNA LIBRE

"Capado" e orgulloso

02.02.2016 | 03:39

Atopeime esta mañá (por onte) coa miña foto nos xornáis, polo feito de ir ós actos da Feira do Cocido coa miña capa de Comendador. Non me sorprendeu, despois da cantidade de fotos, gravacións e comentarios que me fixeron onte, todos dende o maior respecto. O que si me sorprendeu foi o enfoque que se lle dá dende distintos ámbitos, de que era un acto de protesta por ter suprimido a Encomenda do Cocido. Nada máis lonxe da realidade.

A min, como a outros, convidoume por escrito o Sr. Alcalde a participar en ditos actos, por ser comendador, pois non teño outros méritos nin cargos. O único que fixen foi asistir como tal comendador, e coa capa que nos identifica. "Capado" e moi orgulloso de selo. Por qué non a puxeron outros comendadores que estaban por alí, non o sei.

Pero xa que este feito se toma pola tremenda, como casi todo últimamente, quero manifestar o seguinte:

Penso que a Feira do Cocido coa súa Encomenda, ao igual que as festas patronais, os clubes deportivos, as asociacións culturais ou benéficas e outras organizacións similares, como ben común que son, deben estar á marxe de vaivens políticos ou gustos persoais, debendo ser apoiadas goberne quen goberne.

No que se refire á Encomenda, non debemos esquecer que xa non é nosa exclusivamente, xa que forman parte dela numerosos científicos, médicos, empresarios, artistas, escritores, cociñeiros, periodistas, presentadores, etc., de toda Galicia e de España, que aceptaron con orgullo ser representantes da Feira do Cocido e de Lalìn, alí donde estiveran, e así o fixeron.

Gustaríame saber canto tería costado, publicitar a Feira do Cocido e Lalín, en definitiva, en tódalas televisións, emisoras de radio e xornáis de Galicia e de España en horarios e programas de máxima audiencia, como ten sucedido gracias a eses nomeamentos. Gracias a todos eles.

Penso que hai que telos en conta dalgún xeito. Que saiban que os seguimos querendo e agradecéndolles todo o que poidan facer pola Feira do Cocido e por Lalín. É de ben nacidos ser agradecidos. Ou non?

*Veciño de Lalín

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine