Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Redondela metropolitana

Xa pasaron 16 anos dende que 14 concellos da contorna de Vigo asinamos a declaración de Soutomaior, na que amosabamos o noso firme compromiso de avanzar na creación dun Área Metropolitana.

Durante estes mais de tres lustros foron moitos os cambios que a sociedade de Redondela experimentou no ámbito social, económico, cultural e politico. Sen dúbida somos unha Redondela distinta, pero ao tempo continuamos mantendo intacta a nosa esencia, a nosa identidade.

Entonces e agora, a vila dos viaductos apostou firmemente por trascender o ámbito municipal e impulsar decididamente a creación da Área Metropolitana de Vigo.

Entonces e agora, entendemos que a xenerosidade e a solidariedade eran os instrumentos indispensables para facer realidade as aspiracións metropolitanas.

Entonces e agora, aspirábamos a un Área Metropolitana dos cidadáns, que mellorase a calidade dos servizos públicos, e que nos permitise optimizar os nosos recursos financieiros a través da xestión conxunta dos mesmos.

Despois da xuntanza mantida recentemente entre o Vicepresidente da Xunta de Galicia e 14 alcaldes, a meta está moito mais cerca. Os concellos asinantes da declaración de Soutomaior, os mesmos que integran a Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, acordamos superar diferencias, e centrarnos en aquilo que a todos nos une: o interés dos veciños.

Pensando en eles, debemos resolver as discrepancias en torno ao transporte metropolitano, último atranco que nos separa da nosa meta, e peza clave que convertirá 14 concellos nunha soa Área Metropolitana. Se non somos quen de garantir aos cidadáns un transporte público metropolitano en condicións de igualdade, teremos creado un ente que non cubriría as expectativas iniciais para as que foi creado.

Queremos achegar aos nosos cidadáns hospitais, universidade, aeroporto, e achegaremos os recursos necesarios para elo. Dezaseis anos de camiño común, ben merecen un último esforzo de todos.

*Alcalde de Redondela

Compartir el artículo

stats