Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ence e a usurpación da terra

O proxecto ENCE supuxo a imposición polo goberno franquista dún modelo productivo forestalista con especies de crecemento rápido co eucalipto como bandeira, nas provincias de A Coruña e Pontevedra e o norde de Lugo, ocupando pola forza as terras comunitarias, e animando os particulares a facélo, eliminando a cabana gandeira e aqueles outros recursos que servían de sostén do medio de vida a miles de galegos e galegas.

A ocupación forzosa de terrenos de titularidade pública en Lourizán-Pontevedra para a construcción da fábrica de pasta de papel continuando dende principios dos anos 60 a súa actividade na Ria de Pontevedra, supuxo unha autentica aldraxe e un sofremento para todolos veciños e veciñas da contorna.

Dende aquela etapa, e coa chegada da democracia, os diferentes gobernos do estado español e da Xunta, están en débeda con Galiza e Pontevedra, cando se fala de débeda histórica, esta é unha delas, restituir o dano causado agora resulta imposible pero sí recuperarnos dese atropelo, modificar o sistema de monocultivo, diversificar as produccións do monte, recoñecer o monte veciñal cos seus valores, pero por desgraza, a continuidade do modelo franquista segue a ser defendido pola Xunta da Galiza, non mudan nada, e agora se non se revoga a decisión política de prórroga, indefinidamente, seguir cun sistema productivo para os montes que hipoteca o futuro do País, porque non é sostible, non é multifuncional, e castiga as poboacións de Pontevedra, Marín e Poio coa continuidade dese emprazamento.

Dende a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común, sendo conscentes da superficie que ocupa o eucalipto, caseque 400.000 hectáreas entre masas puras e mixtas, superando actualmente en 100.000 as previstas no Plano Forestal da Galiza para o 2030 polo propio interese goberno-empresa, e da imposibilidade material e económica da súa eliminación, dende hái bastantes anos vimos reclamando a súa ordenación, e en base a elo, si o Goberno da Xunta de Galiza co consenso dos sectores relacionados co monte, decidir si sería de interese a construcción dun complexo industrial específico, coa tecnoloxía de vangarda, relacionado coa pasta de papel e transformación,: papel de diversas categorías, cartón, reciclaxe, centro de investigación, colaboración coa universidade,?.

A realidade é, que na época de bonanza económica, nin os Gobernos do Partido Popular na Xunta, nin a empresa ENCE, tiveron o máis mínimo interese néste asunto, obtendo importantes beneficios económicos, e deixando pasar o tempo co horizonte do 2018 pendente de modificacións lexislativas que permitirán perpetuar o complexo no actual emprazamento, adoptando por tanto unha posición de prepotencia e de soberbia, non querendo restituir aquelo que fora roubado e pola forza.

As comunidades de montes da ORGACCMM, consideramos que actuamos néste asunto sen deixarnos levar por inclinacións políticas nin ecoloxistas, partimos dunha realidade dos nosos montes como xá explicamos, pero tamén somos conscientes de que se non se modifica o sistema productivo do monte galego nas zonas de incidencia do eucalipto coa finalidade de seguir co monopolio da fábrica ENCE, Galiza non conquerirá un desenvolvemento completo e armónico.

Un detalle de calado. Dende hai un ano, a Xunta de Galiza ven mantendo reunións cos sectores socioeconómicos co obxecto de artellar un novo Plano Forestal (incumprido o anterior). Cal sería a sorpresa ¿..? da nosa organización, presente neses encontros, de observar que todas las orientacións da Xunta, coinciden coas propostas de ENCE. Eucaliptos e biomasa para enerxía. Esan son as necesidades para o desenvolvemento do monte galego e do País.

*Responsable da Área de Comunicación de Social da ORGACCMM.

Compartir el artículo

stats