Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

Fenosa se ha "Luz-ido"

-Qué?...Como empezamos el año?...

- A oscuras!!! Si, esta vez Fenosa se ha lucido...

-Di mellor "luz-ido"...

-Sí, creo que tendes razón.

-Disque foi por un incendio...

-Non exactamente. Ao parecer houbo unha pequena explosión seguida a continuación dunha fumareda...

-E que foi o que provocou todo iso?...

-A saber!..., inda que non é de extrañar que pasen cousas así. A subestación de Vilalonga ten pinta de estar abandoada e por iso non é de extrañar que pasase o que pasou. O raro é que non pasase antes...

-Supoño que o estado da subestación algo terá que ver cos cortes que cada dous por tres se producen nun lugar ou outro do municipio, ou non?...

-E de supoñer que todo inflúe, ao igual que o estado das liñas. O que non hai dereito é que esteamos a pagar o dobre de cartos que hai uns trinta anos ou máis, cando iamos os domingos a tomalo café á de Poldo e nos decía que a cafetera non funcionaba porque levaban varias horas sin luz...

-Disque a cousa vai mellorar moito nalgunhas zonas cando entre a funcionar a subestación do parque empresarial de Nantes...

-Cal?..., esa para a que o Concello puxera os terreos, non sei a cambio de que.

-A cambio de nada. Puxeros os terros e mais cartos. Nada máis e nada menos que un millón e medio de euros...

-Home!, mira por donde estes que están agora teñen unha boa ocasión para facer un pleno ao dereito, no que se aclaren asuntos como eses e no que se tomen acordos encamiñados a pechar e sacar esa antigualla de Vilalonga.

-Si, xa vai sendo hora de que os plenos traten algo máis que de informes de intervención...

-Oes, seica se van poder reclamar os danos causados polo apagón...

-Xa, pero dudo moito que por esa vía alguén consiga algo... A ver que facturas presento eu na oficiña esa de consumo pola tortilla de oito ovos que estaba a face-la muller cando marchou a luz e polo doce que tiña a filla ao forno... Penso que ao máis que se van chegar é a que abonen nunha próxima factura polas horas sin suministro e hasta outra...

-Tes razón, íbache a ser complicado. Non sei como ías conseguir que as galiñas que tes pola horta che fixeran factura dos ovos que perdéstes...Ja, ja, ja.

Compartir el artículo

stats