Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

No Día de Reis

Respectados nenos e nenas: Neste día estaredes a abrir os agasallos que os Reis Magos vos deixaron esta noite nas vosas casas. Sexan moitos ou poucos temos que agradecelos e valoralos sabendo que o máis importante da vida nunca estará envolvido en papel de cores nin colocado debaixo dunha árbore de Nadal.

Sabedes que esta festa de Reis é unha das fondas tradicións da nosa terra grazas aos nosos antepasados que a coidaron e sostiveron ao longo dos tempos.

Todo comezou fai dous mil anos alá por Palestina. Tres homes bos, Melchor, Gaspar e Baltasar, preocupados por coñecer a verdade, camiñaron durante moito tempo ata chegar a unha pequena aldea chamada Belén e coñecer alí a un recentemente nado que sabían que ía ser capaz de cambiar para ben o rumbo da historia. Os gobernantes daquel entón, cando souberon da nova do nacemento dese cativo especial, enfadáronse moito movidos polo medo a que a xente espertase e na busca da verdade da vida, coma os Magos, se dese de conta de que a bondade e a beleza podían reinar en cada corazón facendo así, entre todos, un mundo mellor. Quixeron enganar aos Reis para que lles dixesen onde atopar a aquel "bebé perigoso" pero os Magos non caeron na trampa. Así que, desesperados, mandaron ao exército a asasinar a todos os nenos que naceran por alí durante aquelas datas. Os que mandaban non querían perder o poder; o seu único obxectivo era seguir sendo, fose coma fose, os donos e os señores das vidas e dos destinos das súas xentes.

Ao final, e na contra dos malvados desexos dos poderosos, aquel neno, Xesús de Nazaret, cambiou a historia para sempre e Melchor, Gaspar e Baltasar permaneceron vivos na nosa memoria como o que foron: tres homes intelixentes, bos e moi valentes.

Tamén hoxe como daquela, hai algúns que queren que nos esquezamos daquel neno, que deixemos de celebrar o Nadal de sempre e que non agardemos máis aos nosos queridos Reis Magos. O esforzo que fan é moito; e a máis estupidez, máis cantidade de esforzo.

Vós non lles fagades caso. Melchor, Gaspar e Baltasar son os que nesta noite, con gran ilusión e sacrificio, vos deixaron os agasallos nas vosas casas; e o ano próximo volverán facer o mesmo, sen dúbida.

Respectamos aos que non cren en todo isto do mesmo xeito que desexamos que eses todos se deixen de facer o canelo (que sempre é o que fai todo o que tenta traballar por riba das súas capacidades intelectuais).

Feliz día de Reis.

Compartir el artículo

stats