Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

dende o meu sofá

Post debate

Como a fe non dispensa nin de pensar nin de opinar, nin tampouco, por suposto, a vocación que, con máis erros que acertos, procuro levar a cabo, penso e opino. Grosso modo.

O pasado luns tragueime o debate ao que nos someteron dous dos candidatos a ocupar a Presidencia do Estado. Ante a imposibilidade de escoitalos, procurei limitarme a oílos e recoñezo que conseguiron convencerme de que os únicos vencedores da contenda estaban a ser os ausentes. Nihil novum sub sole pois na vida hai intres nos que un gaña máis non aparecendo. No caso que nos ocupa non sei cal será o camiño polo que pretenderá levarnos a gran deusa da "opinión pública"; pero hei dicir que me amola que os nosos políticos calen descaradamente temas fundamentais sobre os que si deberían deliberar, discutir e rifar.

Por exemplo: Que teñen pensado facer para defender, xa en serio, á familia como unidade fundamental e base da sociedade? Tomarán algunha medida concreta para fomentar a natalidade? Protexerán e coidarán ás familias e moi especialmente ás numerosas e ás que teñen fillos ou fillas con problemas de saúde? Teñen pensado conceder algún dereito ás persoas que, polo ben dos seus, deciden traballar nas súas propias casas (por exemplo no coidado das súas crías)? Van respectar en todo caso a aconfesionalidade do Estado e o dereito dos pais e nais a elixir (eles, non o Goberno de quenda) a educación dos seus descendentes? Investirán máis diñeiro para erradicar a maldita violencia doméstica? Coidarán a educación (a todos os niveis) dos nosos mozos ou simplemente procurarán preservar o vello costume latino do panis et circenses? É máis: Tomaranse en serio a aniquilación do financiamento silencioso do terrorismo? Procurarán o desenvolvemento de todos os pobos? Deixarán de apoiar a gobernos que non respecten os dereitos dos seus cidadáns?

Consumatum est! Aposto polo que crea en algo sensato e serio e que o crea de verdade; e que loite por iso. E que continúe loitando cando se canse. E que siga de novo cando se canse de seguir. (¿?)

Ao terceiro día acontecerá. Deo gratias!

Compartir el artículo

stats