Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Leticia e Tania durmen coa flota do cerco

Mentres a alcaldesa de Moaña e a concelleira de Cangas xa partiron onte cara Santiago acompañando ás mulleres de mariñeiros do cerco que protestan desde hai un mes nunha acampada frente a San Caetano contra os recortes na cotas de xurelo, os outros alcaldes da península do Morrazo que non son do PP (ou sexa, Pazos, Juncal e Poceiro) van hoxe a reforzar a comitiva e turnarse cos afectados. O problema afecta a centenares de marineiros galegos coas súas familias, din, e as vésperas electorais tamén son máis propicias para que se lles faga caso.

Malos rollos sobre o alumeado de Nadal

A ver, que non había tanta presa para darlle ao interruptor da luz, din algunhas testemuñas do acto celebrado onte fronte ao consistorio de Cangas, no que Suso Soliño estaba chamado a ser o protagonista. Pero os políticos non levan nada ben eso de no seren os primeiros espadas das fotos, e ao final houbo caras raras e foi menester facer outra instantánea para que ninguén quedara fora. Ahí os teñen (na páxina anterior) a Xosé Manuel Pazos, Soliño, Héitor Mera e Merche Giráldez, debaixo do arco de luces, que é do que se trataba, máis alá de quen apretara o botón. Pero es que son como niños...

Compartir el artículo

stats