Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Imos de parranda... imos de simulacro

Nos tempos que corren estamos a notar situacións cada vez máis complexas, máis difíciles, novas formas de facer terrorismo, novas tendencias... Sen embargo, hai un dito na especie do ser humán que nos distingue do resto dos animais: Quen non oeu nunca aquelo de "o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra"? E, tal cal, vémolo a cotío nas nosas vidas.

A clase política é un entramado de xente que abranque moitísimas formas de ser e de pensar, pero supoño eu que unha vez que un presidente, un alcalde, etc. chegan ocupar eses cargos de responsabilidade é practicamente imposible estar ao cargo de todas cantas tarefas se lle encomendan, sendo entón cando entran o resto de cargos en xogo; de aí sae xente moi traballadora, moi responsable no seu departamento, pero por desgraza acostuman ser os menos...

Agora que máis ou menos estamos situados, vou ir direto á cuestión que quero por hoxe en coñecemento: Estes días andamos moi liados con dous temas, Catalunya e terrorismo. Pero eu vou ir un par de anos para atrás, e voume situar no tráxico accidente de Angrois. Si, foi aquí, a uns quilómetros das nosas casas, con 80 VÍTIMAS MORTAIS... E parece que non pasou nada.

As causas, coma en calquera accidente foron moitas, e xuntáronse todas nun segundo; despois vén o caos que, como é obvio, crea calquera traxedia desta magnitude. Pero, realmente, estaban naquel intre os nosos servizos de emerxencias preparados? Foi eficaz o novo mapa de emerxencias recién estreado naqueles tempos e que é o que se aplica a día de hoxe (Basicamente, eliminación dos GRUMIR, grupos municipais de intervención rápida, e creación dos GES, grupo de emerxencias supramunicipais)? Non se me asusten, temos os parques de bombeiros profesionais, e, en teoría, estes grupos para apoialos, unha vez que os primeiros andan escasos de persoal e non dan cuberto todo o terreo que operan de maneira eficaz, e sen nos meter nos medios sanitarios, só un equipo de técnico-conductor, ATS e médico dedicados exclusivamente ás emerxencias e con base en Compostela...

O mellor de todo é que alguén lle vende isto ao político de turno como un gran servizo, pioneiro, malgastando unha chea de cartos en cursos, e formando xente que non deixa de ser cambio dun voto, dun favor político, namentres non se optimizan os recursos e profesionais xa propios; e para demostralo facemos de cando en vez un simulacro, con todos os homes de garabata presentes, lugar (accesible a todos), data e hora, número de accidentados, vehículos, incidencias, etc. predeterminados. Realmente, iso é un simulacro?

Un simulacro non debería ser por sorpresa, mirar en que se falla, analizar o mal feito e o ben feito, e así, nun futuro ser realmente máis eficaces...? Aquí non, por enésima vez imos de simulacro... imos de parranda...,ou de papatoria de paso.

*Veciño de Silleda

Compartir el artículo

stats